Xacarandaina

Estás en: Inicio

Terceira Etapa de Aire Mareiro

Tras o éxito das primeiras etapas, a Asociación Cultural Xacarandaina convoca a 3ª etapa do Camiño de AIRE MAREIRO que se realizará o 25 de xaneiro percorrendo 20 km. de Malpica ata Punta Nariga.

Este ano chegaremos a Fisterra camiñando pola costa galega. Esta é a terceira das etapas que, despois de realizar a andaina de Coruña-Caión e Caión-Malpica, retomaremos o camiño en Malpica polo paseo xunto a praia ata a ermida de San Adrián. A ruta seguirá por sendeiros pequenos, con regatos, pasando por pequenas aldeas e praias, e chegaremos a Punta Nariga, recorrendo 20 km.

A inscrición debe realizarse a partir do 12 de xaneiro e o remate da mesma, así como o derradeiro día de pago será o 23 de xaneiro. No caso de ausencia o día da ruta non se devolverá o importe.

Os asistentes a todas as rutas desta tempada, terán o autobús gratuíto na derradeira andaina.

Datos de interese:

  • Presentación no Pazo da Ópera: 07:45 h.
  • Saída ás 08:00 con moita puntualidade.
  • Hora de regreso aproximada: 18:00 h.
  • Comida non incluída.
  • Prazas limitadas.

Prezos:

  • Soci@s: 16 euros
  • Non soci@s: 18 euros

Recomendacións:

  • Roupa cómoda e calzado de trecking. Evitar calzado sinxelo deportivo coa parte de abaixo lisa.
  • Roupa de abrigo e impermeable.
  • Roupa de augas.
  • Chaleco reflectante.
  • Comida e auga.
  • Protección solar.
  • Lanterna ou frontal.
  • Mochila.
  • Roupa de reposto.

Sendeirismo en Xacarandaina

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos