Xacarandaina

Estás en: Inicio Asociación Cultural

XacaCulturais: El Ártico se rompe

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha visita guiada o día 20 de decembro ás 17:00 h. á exposición “El ártico se rompe”. 

“El ártico se rompe” é unha exposición itinerante que estará ubicada na carpa do Xardíns de Méndez Núñez na época do Nadal e que ten por obxecto mostrarnos a singularidade do ecosistema Ártico e evidenciar o importante papel das súas características físicas e a súa biodiversidade no clima global.

 A exposición ten como punto de partida as impactantes fotografías de Andoni Canela, o prestixioso fotógrafo de natureza que viaxou por todo o territorio ártico e nos trae imaxes de total actualidade.

 A actividade vai dirixida aos nen@s a partir de 4 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 19 de decembro. Durante a actividade estarán acompañad@s dun monitor/a en todo momento.

 Actividade gratuíta! 

Aprende e divírtete con Xaca!

Exposición

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos