Xacarandaina

Estás en: Inicio

Xacarandaina volve facer camiño

Tras o éxito da primeira etapa, a Asociación Cultural Xacarandaina convoca a 2ª etapa do Camiño de AIRE MAREIRO que se realizará o 30 de novembro percorrendo 25 km. de Caión a Malpica.

Este ano chegaremos a Fisterra camiñando pola costa galega. Esta é a segunda das etapas do noso comezo, despois de realizar a andaina de Coruña-Caión, continuaremos agora con Caión-Malpica, co fin de realizar máis adiante a coñecida Ruta dos Faros. Nesta segunda etapa chegaremos a Malpica recorrendo 25 km. Será unha etapa bastante sinxela, na que recorreremos a costa e cruzaremos as Dunas de Baldaio.

A inscrición debe realizarse a partir do 12 de novembro e o remate da mesma, así como o derradeiro día de pago será o 28 de novembro. No caso de ausencia o día da ruta non se devolverá o importe.

 Os asistentes a todas as rutas desta tempada, terán o autobús gratuíto na derradeira andaina.

 Datos de interese:


  •  Presentación no Pazo da Ópera: 07:45.
  • Saída ás 08:00 con moita puntualidade.
  • Comida non incluída.
  • Prazas limitadas.


Prezos:


  • Soci@s: 15 euros
  • Non soci@s: 17 euros


Recomendacións:


  • Roupa cómoda e calzado de trecking.
  • Roupa de abrigo e impermeable.
  • Chaleco reflectante.
  • Comida e auga.
  • Protección solar.
  • Lanterna ou frontal.
  • Mochila.
  • Roupa de reposto.
Vento Mareiro


 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos