A Asociaciación Cultural Xacarandaina convoca a 1ª etapa do Camiño de AIRE MAREIRO que se realizará o 9 de novembro percorrendo 25 km. de Coruña a Caión.
Este ano chegaremos a Fisterra camiñando pola costa galega. Comezaremos con dúas etapas: Coruña-Caión, Caión-Malpica e continuaremos realizando a coñecida Ruta dos Faros. Nesta primeira etapa chegaremos a Caión recorrendo 25 km. Será unha etapa de bastante asfalto por paseo marítimo, con tramos de sendeiro. Unha etapa fácil como posta a punto e toma de contacto.
A inscrición (no local da Asociación) debe realizarse a partir do 29 de outubro e o remate da mesma, así como o derradeiro día de pago será o 7 de novembro. No caso de ausencia o día da ruta non se devolverá o importe.
Os asistentes a todas as rutas desta tempada, terán o autobús gratuíto na derradeira andaina.
Datos de interese:
- Presentación no colexio Esclavas do Paseo Marítimo d’A Coruña ás 07:45.
- Saída ás 08:00 con moita puntualidade.
- Comida non incluída.
- Prazas limitadas
Prezos:
- Soci@s: 12 €
- Non soci@s: 15 €
Hora aproximada de regreso : 16:30
Recomendacións:
- Roupa cómoda e calzado de trecking.
- Roupa de abrigo e impermeable.
- Chaleco reflectante.
- Comida e auga.
- Protección solar.
- Lanterna ou frontal.
- Mochila.
- Roupa de reposto.