Xacarandaina

Estás en: Inicio Grupo

Resultado da Asemblea Xeral Ordinaria

Desde A.C. Xacarandaina queremos informar a todas as socias e socios da Asociación os cambios que tiveron lugar na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o 14 de setembro do 2014, na que se resolveu o nomeamento de novos cargos na Xunta Directiva, permanecendo no seu cargo de Presidenta Cristina Rodríguez Saavedra:

  • Secretaria: Patricia Gómez Uzal
  • Tesoureira: Marta Vázquez Patiño
  • Vogal de Grupo: Iria López
  • Vogal e Presidenta da Sección Xuvenil: María Dequidt Gómez 

A Asemblea Xeral acordou establecer unha cota de socio familiar, polo que se reunirán nun so recibo as cotas de todos os membros da unidade familiar e aplicarase un desconto de 1€ por cada socio a partir do segundo. Asemade chegouse ao acordo de que para simplificar as xestións, o pago das cotas de diversas actividades farase nun só recibo. 

Ambas as dúas medidas afectarán a aquelas familias (pais, fill@s, irmáns) que fagan o abono das cotas desde o mesmo número de conta e serán aplicables a partir do curso 2015/2016.

Xacarandaina

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos