Xacarandaina

Estás en: Inicio Concursos

Premio Xabier Prado Lameiro de Ruada

Este xoves 25 de Setembro a Asociación Cultural Xacarandaina ven de recibir o premio Xabier Prado Lameiro da man da Coral de Ruada de Ourense. O acto acudiu Henrique Peón Mosteiro, director do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, quen puido recoller a escultura de Buciños e as obras completas de Lameiro.

En palabras do Xurado, tal distinción concédese a nósa asociación "polo traballo que ao longo de trinta e seis anos leva realizado no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de todas as demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son os grupos instrumentais, os traxes, as escolas, a animación sociocultural, organización de eventos culturais etc.

A Asociación Cultural Xacarandaina quere agradecer a Coral de Ruada e os membros do Xurado a concesión do premio o que nos axuda día a día a seguir adiante coa promoción da nosa cultura.

Moitas grazas!

Ligazón: Nova en La Voz de Galicia

Fotografía: La Voz

 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos