O tempo pasa voando e axiña chegamos ó novo curso. Ofrecémosvos as actividades xa tradicionais na Asociación, así como algunha novidade que vos invitamos a descubrir...
DATAS E HORARIO DE MATRÍCULA:
- Socios: Dende o 2 de Setembro. De luns a venres de 18:00 a 21:00. Poderanse inscribir mediante correo electrónico os socios que acudan ás mesmas actividades do curso anterior e que non sufriran modificacións.
- Non socios: A partir do 9 de Setembro. De luns a venres de 18:00 a 21:00. Tamén os non socios que desexan facerse socios por primeira vez deberán vir neste prazo.
O horario de actividades podédelo descargar eiquí abaixo:
Ligazóns: Tríptico de Actividades | Condicións Económicas