Xacarandaina

Estás en: Inicio Espectáculos Etnográficos Camiño do Sul

Camiño do Sul (1999-2000)

Camiño do Sul

O título deste espectáculo pretende reflectir o espírito co que foi creado: unha peregrinación á Galicia doutro tempo polo camiño da lírica, das lendas, da fala, e dos trobadores do Camiño Portugués, Camiño do Sul, a través das súas diferentes manifesatacións culturais.
A presentación é unha parte importantísima do espectáculo: unha música de fondo medieval e galega, que cumpre a labor de evocar as primeiras peregrinacións, e unha voz en off de muller levan ao espectador polo camiño. Tamén hai diferentes sons evocadores da vida rural e a natureza de Galicia ( a choiva, o mar, os muiños, os carros...) que  nos axudan a vivir unha viaxe polo Camiño do Sul dende outro punto de vista ben distinto.
Xacarandaina pretende con esta gala folclórica a recuperación da cultura tradicional do Camiño Portugués así coma a súa divulgación no seu estado máis puro, tal como foi recompilado, servindo de transmisor entre os informantes e o público.

O programa de "Camiño do Sul" é o seguinte:

Primeira parte:

  1. Pandeiretada de Cordeiro
  2. Xota de Louredo
  3. Canteiros
  4. Muiñeira de Carcacía
  5. Cantigas de Cerquido
  6. Muiñeira das Castañolas
  7. Danza de espadas de Redondela

Segunda parte:

  1. Danza de antroido de San Adrián de Cobres
  2. Pateado de Trasmonte
  3. Reis de Cesures
  4. Muiñeira de Trasmonte
  5. Xota de Tui
  6. Xota de As Cortellas
  7. Vira de Vila Praia de Áncora
 

Axenda

Novembro 2017
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos