Presentamos un novo curso: trátase dun intensivo curso de retrato ó óleo. Será impartido por Joseba Muruzábal, licenciado en Belas Artes (Universidade de Vigo) do que podedes ver unha mostra da súa arte e premios aquí. Destaca pola contemporaneidade urbana das súas obras e o realismo case fotográfico que consigue.
Os horarios son :
- Luns 21: de 17h a 21h.
- Martes 22: de 10h a 14h - de 17h a 22h
- Mércores 23: de 10h a 14h - de 17h a 22h
Os prezos, coma sempre, con ventaxas para os socios de Xacarandaina:
- Prezo socios: 140€
- Prezo non socios: 170€
A inscrición estará aberta ata o 16 de abril e o número mínimo de alumnos son 5 para levar a cabo o curso.