Xacarandaina

Estás en: Inicio Espectáculos Etnográficos Unha Viaxe por Noutrora

Unha Viaxe por Noutrora (1996-1997)

Unha Viaxe por Noutrora

O fío conductor do espectáculo é un narrador que a través dos seus comentarios introdúcenos nas diferentes escenas. A presentación é realizada por un viaxeiro de orixe escocesa que chega a Galicia atraído pola lectura dunha guía de viaxes dun compatriota seu. Foron moitos os curiosos e investigadores que a finais do século XIX visitaron Galicia. Os seus obxectivos eran variados pero todos coinciden na preocupación pola recopilación de datos sobre antropoloxía e riqueza paisaxística do noso pais. Baseándose nestes textos, ofrécese unha visión da Galicia tradicional observada dende a perspectiva dun personaxe descoñecedor das nosas tradicións pero ávido de novos coñecementos. O espectáculo apóiase coa introdución de diferentes sons evocadores da vida rural e da natureza de Galicia que axudan ao espectador a vivir unha viaxe á Galicia de noutrora.

O programa deste espectáculo é o seguinte:

Primeira parte:

  1. Anuncios de Traspielas (Fornelos de Montes, Pontevedra)
  2. Xota de As Nogais (As Nogais, Lugo)
  3. Punteada de Cerqueda (Malpica, A Coruña)
  4. Nana das Mariñas (Oleiros, A Coruña)
  5. Moliñeira de Murias de Rao (Navia de Suarna, Lugo)
  6. Ruada de Traspielas (Fornelos de Montes, Pontevedra)
  7. Canto de cego de Belén (Oza dos Ríos, A Coruña)
  8. Muiñeira de Anxeriz (Tordoia, A Coruña)
  9. Muiñeira de Bande (Bande, Ourense)


Segunda parte:

  1. Tonada e Muiñeira de Vilarello (Cervantes, Lugo)
  2. Xota Cruñesa de Fisterra (Fisterra, A Coruña)
  3. Valse "Unha niña en el baile" de Os Queixas (Cerceda, A Coruña)
  4. Danza de paos da Nosa Señora das areas (Fisterra, A Coruña)
  5. Reis de Vilarín (Pedrafita do Cebreiro, Lugo)
  6. Muiñeira de Cabra ( Carral, A Coruña)
  7. Maneo de Cambre (Malpica de Bergantiños, A Coruña)
  8. Cantareas de Santa Mariña de Arou ( Camariñas, A Coruña)
  9. Polavila de A Pastoriza (A Pastoriza, Lugo)
  10. Ruada de Doade (Beariz, Ourense)
 

Axenda

Novembro 2017
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos