O fío conductor do espectáculo é un narrador que a través dos seus comentarios introdúcenos nas diferentes escenas. A presentación é realizada por un viaxeiro de orixe escocesa que chega a Galicia atraído pola lectura dunha guía de viaxes dun compatriota seu. Foron moitos os curiosos e investigadores que a finais do século XIX visitaron Galicia. Os seus obxectivos eran variados pero todos coinciden na preocupación pola recopilación de datos sobre antropoloxía e riqueza paisaxística do noso pais. Baseándose nestes textos, ofrécese unha visión da Galicia tradicional observada dende a perspectiva dun personaxe descoñecedor das nosas tradicións pero ávido de novos coñecementos. O espectáculo apóiase coa introdución de diferentes sons evocadores da vida rural e da natureza de Galicia que axudan ao espectador a vivir unha viaxe á Galicia de noutrora. O programa deste espectáculo é o seguinte: Primeira parte:
|