|
Presentouse nesta gala, ademáis de bailes, cancións e xogos populares, folclore vivo con gaiteiros e pandereiteiras. Denomínase folclore vivo ó realizado polos nosos vellos, que aínda se lembran dos bailes de cando eran mozos que, do mesmo xeito que nós aprendemos deles, eles aprenderon á súa vez dos seus avós. A utilización de luminotecnia, son, audiovisuais e decorados ademais da posta en escena de folclore vivo, fixeron desta gala un espectáculo anovador e único no que a folclore se refire, alén de ser pioneiro neste eido en Galicia e España.
O programa deste espectáculo é o seguinte:
- Muiñeira de Aiazo (Frades, A Coruña)
- Pandeiretada de Cordeiro (Valga, Pontevedra)
- Mazurca e Xota de Espiñarcao (Abadín, Lugo)
- Canto de Berce das Mariañas (Oleiros, A Coruña)
- Pandeiretada de Couto (Zas de Carreira, A Coruña)
- Xota do Carnés (Vimianzo, A Coruña)
- Pasodoble, folclore vivo co cuarteto "Os Queixas" (Cerceda, A Coruña)
- Chotis e Muiñeira Corrida de Cerqueda (Malpica, A Coruña)
- Dança de espadas de Quintáns (Muxía, A Coruña)
- Ribeirana de Cerqueda, folclore vivo e Grupo (Malpica, A Coruña)
- Moliñeira de As Nogais (As Nogais, Lugo)
- Xota e Muiñeira de Berdoias (Vimianzo, A Coruña)
- Valse (pasos de: Trasmonte, Zas e Malpica, música dos Queixas)
- Aninovo do couto (Zas de Carreira, A Coruña)
- Muiñeira de Vilabade (Tordoia, A Coruña)
- Moliñeira de Son (Navia de Suarna, Lugo)
- Maneo, folclore vivo con xente de Montemaior (Laracha, A Coruña)
- Canto de voda de Vilabade e pandeiretada de Suxo (Tordoia, Muxía, A Coruña
|