Xacarandaina

Estás en: Inicio Concurso de Música Tradicional

Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

XIXconcursomusic09 XIXconcursomusic103

A música é indispensable para o baile pero tamén ten entidade propia na tradición galega, acompaña momentos de festa e ameniza duras xornadas de traballo. Unha importantísima variedade de letras, toques, xeitos de cantar e tocar e tamén parte da tradición oral  son transmitidas entre xeracións grazas aos cantos das mulleres e dos homes. Estas realizando cantos de berce e de labor e eles a través dos seus cantos de arrieiro ou de taberna. Por todo isto a Asociación Cultural Xacarandaina convoca desde o ano 1990 o Concurso de Música Tradicional Xacarandaina cos obxectivos de espallamento, difusión e dignificación da importante música galega.

No acto poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, e todos os gaiteiros solistas que o desexen.


Accede aquí á información da edición actual do Concurso  de Música Tradicional Xacarandaina.

A continuación, expóñense parte das bases do XXVIII Concurso de Música Tradicional:

Modalidades

O concurso consta de tres modalidades:

  • Pandereteiras ou pandereteiros.
  • Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán unicamente gaita e percusión tradicional galega.
  • Gaiteiras ou gaiteiros Solista.

Neste Concurso  de Música é obrigatorio o uso do traxe tradicional e cóntase cun tempo límite especificado. De incumplir calquera destas dúas normas os grupos serán descualificados.

Categorías

Na modalidade de pandereteira haberá 3 categorías:

  • Categoría A (ata 9 anos inclusive).
  • Categoría B (de 11 a 13 anos inclusive).
  • Categoría C (de 14 a 17 anos inclusive).
  • Categoría D (de 18 anos en adiante).

Nas modalidades de pandeireta a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos. 

Na modalidade de cuartetos, quintetos e sextetos establécense:

  • Categoría única (sen límite de idade).

Na modalidade de gaiteiro/a solista establécese:

  • Categoría única (sen límite de idade).


Criterios

No momento da cualificación, o xurado terá en conta:

  • Autenticidade e dificultade da peza.

  • Afinación e interpretación.

  • Expresividade na interpretación.

A Organización e máis o Xurado resérvanse o dereito a esixir o DNI ou Libro de Familia no momento da presentación dos grupos ou na deliberación do Xurado para comprobar as idades (LEVAR OS DOCUMENTOS IDENTIFICATIVOS).

Non poderán quedar premios desertos en ningunha das categorías.

Así mesmo, a Organización pode desestimar a realización de parte do Concurso en función do número de inscritos para asegurar a competitividade e equidade do mesmo.

No punto nº 8 das bases establécese que cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para realizar a súa interpretación. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado. No caso dos CUARTETOS e dos GAITEIROS/AS SOLISTAS contarán a maiores cun minuto que poderán empregar exclusivamente para afinar, rematado este minuto serán avisados pola organización e deberán comezar coa peza.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 29 DE ABRIL

Está previsto que o concurso se desenvolva ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluída a entrega de premios correspondente.

Debido a que é imposible superar a participación de 75 grupos, chegado a este número non se aceptarán máis solicitudes. Polo tanto, seguirase de forma estrita a orde de inscrición.

Premios

En cada categoría agasallarase aos gañadores con trofeo ou premio en metálico segundo a súa clasificación, así como colaboracións dos patrocinadores do concurso. Consultar as bases para máis información.


Bases e Inscricións

Consulta as bases e obtén a folla de inscrición na seguinte ligazón:


 

Axenda

Novembro 2017
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos