A música é indispensable para o baile pero tamén ten entidade propia na tradición galega, acompaña momentos de festa e ameniza duras xornadas de traballo. Unha importantísima variedade de letras, toques, xeitos de cantar e tocar e tamén parte da tradición oral son transmitidas entre xeracións grazas aos cantos das mulleres e dos homes. Estas realizando cantos de berce e de labor e eles a través dos seus cantos de arrieiro ou de taberna. Por todo isto a Asociación Cultural Xacarandaina convoca desde o ano 1990 o Concurso de Música Tradicional Xacarandaina cos obxectivos de espallamento, difusión e dignificación da importante música galega. No acto poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. nas modalidades de pandereteiras/os e todos os gaiteiros solistas que o desexen.
Modalidades O concurso consta de umha única modalidade.
Nesta edición os grups da A.C. Xacarandaina participarán no concurso a modo de exhibición e non concursaran. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, así como todos os gaiteiros/as solistas que o desexen. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en catro categorías:
Nas modalidades de pandeireta a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego en todas as modalidades. Criterios No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
A Organización e máis o Xurado resérvanse o dereito a esixir o DNI ou Libro de Familia no momento da presentación dos grupos ou na deliberación do Xurado para comprobar as idades (LEVAR OS DOCUMENTOS IDENTIFICATIVOS). Non poderán quedar premios desertos en ningunha das categorías.
Está previsto que o concurso se desenvolva ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluída a entrega de premios correspondente. Debido a que é imposible superar a participación de 75 grupos, chegado a este número non se aceptarán máis solicitudes. Polo tanto, seguirase de forma estrita a orde de inscrición. Premios En cada categoría agasallarase aos gañadores con trofeo ou premio en metálico segundo a súa clasificación, así como colaboracións dos patrocinadores do concurso. Consultar as bases para máis información.
Consulta as bases e obtén a folla de inscrición na seguinte ligazón: |
MODALIDADES:
A) PANDERETEIROS/AS
B) GAITEIROS/AS SOLISTAS (ESPECIALIDADE
EN TOQUE PECHADO)
1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións
Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. nas
modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, así como todos os
gaiteiros/as solistas que o desexen.
2. A modalidade de pandereteiras/os
distribúese en catro categorías:
Categoría A: ata 9 anos
inclusive.
Categoría B: de 10 a 13 anos
inclusive.
Categoría C: de 14 a 17 anos
inclusive.
- Categoría D: de 18 anos en
adiante.
Nas modalidades de pandeireta a categoría
determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún
deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.
3. Na modalidade de gaiteiros/as solistas
establécese unha única categoría sen límite de idade.
Nesta edición queremos recuperar e poñer en valor a
forma de interpretar o instrumento en toque pechado, sendo este xeito de tocar o
máis antigo do país.
É obrigatorio o uso do toque pechado nesta
categoría.
As gaitas deberán ser galegas, quedando excluídas
as foráneas. O/A gaiteiro/a poderá levar un só acompañante (por exemplo:
tamboril, caixa, pandeireta ou calquera instrumento de percusión considerado
tradicional, quedando excluídos os de material sintético).
4. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego
en todas as modalidades.
5. A peza a interpretar deberá ser
tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina
tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor,
remitiríamos o pago ao grupo correspondente.
6. No momento da cualificación, o xurado terá en
conta:
Autenticidade e dificultade da peza.
Afinación e interpretación.
- Expresividade na interpretación.
O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C.
XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO
DE FAMILIA, NON PODERÁN QUEDAR PREMIOS DESERTOS EN NINGUNHA DAS CATEGORÍAS.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos
para realizar a súa interpretación. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.
No caso dos GAITEIROS/AS SOLISTAS contarán a maiores cun minuto que poderán
empregar exclusivamente para afinar, rematado este minuto serán avisados pola
organización e deberán comezar coa peza.
8. Os premios serán os seguintes:
- Na
modalidade de pandereteiros/as:
-
1º premio: trofeo e 250 €
-
2º premio: trofeo e 100 €
-
3º premio: trofeo
- Na modalidade de gaiteiros/as solistas:
-
1º premio: trofeo e 400 €
-
2º premio: trofeo e 200 €
-
3º premio: trofeo e 100 €
Se
o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, outorgarase
un único premio. (Trofeo e 250 € na modalidade de pandeireta e trofeo e 400 €
na modalidade de solitas)
9. O concurso terá lugar o domingo 19 de maio no Centro
Cultural Ágora da Coruña, sito na rúa Ágora s/n - 15010. Está previsto que o
concurso se desenvolva ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluída a entrega
de premios correspondente. Debido a que é imposible superar a participación de 75
grupos, chegado a este número non se aceptarán máis solicitudes. Polo tanto, seguirase
de forma estrita a orde de inscrición.
A hora de presentación, orde e normas dos grupos
participantes serán enviadas previo o concurso vía correo electrónico.
10. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 4 DE MAIO.
11. As inscricións poden realizarse a través da
nosa páxina web www.xacarandaina.gal
ou enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:
-
Correo ordinario ao local social: A.C. Xacarandaina, rúa
Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña.
-
Correo electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA
REALIZAR AS INSCRICIÓNS E NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESTA
DATA.
Co
fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e vídeos
do concurso. Estes documentos gráficos
serán incluídos nun ficheiro debidamente rexistrado na Axencia Española de
Protección de Datos do que é titular a ASOCIACIÓN CULTURAL XACARANDAINA e
poderán ser utilizados pola Asociación para mostrar tanto no local social como
na web www.xacarandaina.gal, así como
para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos ou actividades que se
realice a Asociación.
A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida a
través do teléfono 981 277 315 ou por correo electrónico mailto:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
.