Xacarandaina

Estás en: Inicio Concurso de Baile Tradicional

Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Final concurso Baile 2007 II

O Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina organízase desde o ano 1979 con grupos participantes de toda Galicia. No acto poden participar  grupos de asociacións folclóricas, centros parroquiais, asociacións culturais e recreativas,  xuvenís, etc.

   Acceder á información do Concurso de Baile de este ano.

Resumo de Normas Xerais

Todos os grupos participantes deben cumprir as bases, onde se indica que os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e teñen que estar formados, como mínimo, por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).

O uso de traxe tradicional é obrigatorio.

A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a AC Xacarandaina fora requerida por algún ente xestor de dereitos artísticos, remitiríase o pago ó participante.

No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar expresamente coa súa autorización.

Categorías

Neste ano hai tres categorías:

  • categoría A (ata 10 anos inclusive)
  • categoría B (de 11 a 16 anos inclusive)
  • categoría C (de 17 anos en adiante)

A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

A Organización e o Xurado teñen a potestade de esixir a documentación de todos e cada un dos participantes, a fin de verificar a idade dos mesmos, puidendo deixar nula a participación en caso de duda. Recoméndase que os responsables ou os participantes teñan a documentación dispoñible.

Criterios

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

O xurado no momento da cualificación terá en conta:

  • autenticidade da peza
  • dificultade técnica
  • calidade na execución

Premios

En cada unha das categorías serán concedidos tres trofeos e  dous premios en metálico.

Outras notas

Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, outorgarase un único premio (trofeo e 350 €).

Ademáis outorgaranse dous únicos premios para todas as categorías do Concurso:

  • Premio o mellor bailador e premio a mellor bailadora, ambos premios en Homenaxe a Yolanda Pérez Feijóo.
Bases e inscricións:



NOTA: o contido desta páxina é simplemente un resume. Deben remitirse ás Bases do Concurso para máis información e estar atentos ós cambios que puideran surxir. A AC Xacarandaina non se fai responsable da falta de veracidade dos textos desta páxina.
 

Axenda

Novembro 2017
L M Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos