Xacarandaina

Estás en: Inicio Eventos Anuais

Eventos Anuais

  • Concurso Interno de Música e Baile

    Neste evento seleccionaranse os grupos que participarán nos distintos concursos de baile e música tradicional. Actúan todos os alumnos que ao longo do ano asistiron ás actividades que oferta a Asociación: gaita, pandeireta e baile tradicional.

  • Concurso de Música, organizado pola Asociación Cultural Xacarandaina
  • Concurso de Baile, organizado pola Asociación Cultural Xacarandaina
  • Foliada e Romaría do Lecer

    A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta romaría coa que pretende recuperar o “sabor” de festa e lecer das antigas romarías galegas. O programa inclúe a Clausura de actividades da Asociación onde os alumnos e alumnas amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, baile de salsa e merengue, bailes de salón... Para os máis pequenos cóntase con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos. Diversión garantida!

    Mencionar tamén a presenza de obradoiros de oficios tradicionais onde varios artesáns mostran os segredos dalgúns dos oficios máis antigos e típicos de Galicia. Tamén se ofrece a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contando con bochinche, polbo, churrasco, rosquillas e lambonadas.

Día da Muiñeira

Lecer2

entroido
Seleccion Interna, 13 de Abril de 2008 076 []
IMG_0751 []
lecer
  • Día da Muiñeira

    Desde o ano 1981 a Asociación organiza o “Día da Muiñeira” co obxectivo de exaltar a danza máis representativa e característica do nos país, a muiñeira, así como implicar na mesma ao grande público. Neste acto os bailadores e bailadoras que se dan cita nterpretarán simultaneamente tres muiñeiras de cinco voltas e catro puntos e, logo desta exhibición, convídase a todos os asistentes a bailar ao ritmo da gaita galega.

  • Concurso de Postais de Nadal

    Neste concurso preténdese fomentar a creatividade dos cativos e cativas de Educación Infantil e Primaria, alén de incentivar a investigación pola nosa cultura galega. Os gañadores das diferentes categorías levarán un premio e a postal gañadora poderá ser empregada como felicitación de Nadal por parte da Asociación Cultural Xacarandaina.

  • Ludoteca de Nadal

    Esta ludoteca está enfocada principalmente para nenas e nenos de 3 a 12 anos. Os rapaces contarán con cine de animación en pantalla xigante, xogos tradicionais e cooperativos, manualidades, globoflexia, lectura, cultura tradicional etc. Entretemento asegurado!

  • Festa de Entroido

    A Asociación Cultural Xacarandaina realiza todos os anos esta Festa de Entroido onde se convida a todas as nenas e nenos da nosa comunidade a participar coa Asociación. Este evento realízase no local nunha festa que inclúe merenda, xogos, concurso, desfile de disfraces e premios.

  • Exposicións de Artes Plásticas

    Moitos dos alumnos que asisten a clases de Xacarandaina son de actividades de artes plásticas. Debido a isto, todos os anos a Asociación organiza, sobre o mes de marzo,  unha exposición na que se ofrece a posibilidade de exhibir as súas obras. O lugar habitual de realización de este evento é o Forum Metropolitano da Coruña.

  • Visita dos Reis Magos

Todos os anos as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegan ao local da Asociación para visitar aos máis cativos. Despois dun recibimento acorde ao que merecen, chega o momento de que as súas Maxestades escoiten os desexos dos máis novos da Asociación, tomando boa nota, para que os seus agasallos de Nadal cheguen sen ningún problema a cada destinatario.

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos