Xacarandaina

Estás en: Inicio

Estrea de GALIZIEN AMERIKA LINIE

Este sábado 10 o Grupo de Música e Bailes Tradicionais Xacarandaina presenta o seu novo espectáculo etnográfico: Galizien Amerika Linie.

A emigración, un tema tan vencellado con Galicia, é o eixo desta nova proposta escénica, con tanta repercusión na nosa terra; nunca tal se vira que afectara a tal cantidade de persoas, familias enteiras, pais e fillos separados  e, nembargantes, tan lonxano coma actual e presente.

Esta gran homenaxe de Xacarandaina partirá por primeira vez dende o Auditorio Carmen Estévez de Vilalba, ás 20:30h con entrada de balde.

O novo espectáculo está encadrado dentro do programa Danza3, en convenio co AGADIC, e percorrerá Galicia mostrando este importante fenómeno da nosa historia contemporánea, a través dun espectáculo no que se mesturan bailes, músicas e un coidado vestiario. De xeito fiel a todos os espectáculos de Xacarandaina proponse unha novedosa representación do folclore galego, saltando un chanzo máis na escenografía con un coidado deseño de luz, espazo sonoro e audiovisual e combinando así a arte tradicional coas novas tecnoloxías.

Esperámosvos a todos!

Máis información: a nosa web |  Xunta de Galicia | Concello de Vilalba | Descubre Lugo | Malmequer | Xacobeo | Chuza! | El ideal gallego


 

Galizien Amerika Linie en Vilalba Vilalba acollerá a primeira representación de Galizien Amerika Linie
 

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos