Xacarandaina

Estás en: Inicio

XI FOLIADA E ROMARÍA DO LECER

Debido ao éxito do pasado ano, este evento volverá a realizarse no Anfiteatro do Parque de Sta. Margarida. A Asociación ten moitas sorpresas preparadas para todas e todos! As persoas que desexen colaborar na organización do evento poden facelo anotándose na secretaría da asociación, a través do noso facebook ou comentándollo a algún membro da Xunta Directiva.

 

A Foliada comezará o sábado 18 arredor das 21 h.! Xa contamos con moitos grupos anotados para actuar ese día, agora esperamos que todos vós vos animedes a bailar, cantar ou tocar, ou simplemente a pasar con nós un tempo marabilloso!

 

O domingo 19 é o día da gran familia de Xacarandaina, a Romaría do Lecer, un día para compartir e para disfrutar todos xuntos. Este ano, como ben sendo habitual, contaremos con polvo e churrasco e, por suposto, cun bochinche no que terás todo o necesario para pasar o día! Xa non tes desculpa para comer con nós! O programa dará comezo ás 12:30 incluíndo, durante todo o día, a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, baile de salsa e merengue, acordeón, guitarra, bailes de salón...

Paralelamente, están previstas diversas actividades para todo o día:

§ Aula aberta de baile para adultos e cativos.

§ Aula aberta de percusión para adultos e cativos.

§ Xogos para pequenas e pequenos.

§ Campionato de parchís por parellas. Para participar nesta actividade debes anotarte antes. No caso de non ter parella... non hai problema, buscarémosche unha!

§ Campionato de tute, tamén por parellas. Para participar nesta actividade debes anotarte antes. No caso de non ter parella... non hai problema, buscarémosche unha!

§ Concurso de tortillas. Para participar nesta actividade debes traer a túa tortilla da casa, ao mediodía. Podes facela cos ingredientes que prefiras: con cebola, sen cebola, con chourizo... fai a tortilla que máis éxito teña na túa casa! A tortilla elixida será a gañadora do premio.

 

Rifas. Este ano contamos con moitísimos premios para repartir, merca as túas rifas!


 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos