Xacarandaina estará no AchegARTE 2011 organizado pola Concellería de Cultura no que participarán tamén máis de 100 empresas ou entidades culturais e ó redor de 70 stands.
Nós estamos preparando o noso propio stand e o intentaremos facer o máis atractivo posible, nunha combinación de tradición e modernidade! Vai actuar un grupo da nosa Asociación e faremos un obradoiro de baile tradicional para pequenos. As datas son as seguintes:
PALEXCO
Sábado, de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 22:00
Domingo, de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 2100
KIOSKO ALFONSO
Sábado e domingo: de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 21:00
Manterémosvos informados e esperamos a vosa visita!!!