A cuarta etapa do camiño a Fisterra terá lugar o domingo 20. Camiñaremos de Hospital a Sardiñeiro (21 km.). O prezo para os socios é de 13 € e para non socios de 16 €.
A inscrición e pago deberá efectuarse antes do día 18. As persoas que xa fixeron outras etapas terán inscrición preferente ata o día 11 e os novos peregrinos poderán facelo a partir desta data.
Como ven sendo habitual contaremos co autobús de apoio durante todo o camiño e programarase unha visita cultural. Ademais facilitaremos as credenciais de peregrino para ir selando no percorrido.