Xacarandaina

Estás en: Inicio Asociación Cultural

Historia

En 1978 nace a Asociación Cultural Xacarandaina co obxectivo de “educar para o mellor disfrute do lecer”. Durante estes anos a Asociación aumentou e medrou, ampliando o seu número de socios/as e conseguindo que non só os máis novos estean incorporados dentro dela senón que o abano de idades sexa moito maior, aínda que o espírito segue sendo o mesmo co que foi creada, sendo unha entidade que ofrece servizos á mocidade.

1992-06-15-lavoz foto8

Nos seus comezos a Asociación nace no local social do edificio "La Terraza" nos Xardíns de Méndez Núñez mudando a súa situación á rúa Historiador Vedía, 3 - Soto 1º, onde se sitúa actualmente. No ano 2009 a Asociación Xuvenil muda a Asociación Cultural. Neses intres a asociacion conta con 800 socios e socias en tódolos rangos de idade.

Ao longo de todos estes anos foron moitas as persoas que traballaron desinteresadamente para sacar adiante a Asociación. Entre elas cabe destacar a achega de Felicitas Sanleón, que foi piar fundamental de Xacarandaina ó longo de moito tempo.

A Asociación conta cunha Escola onde se imparten actividades de todo tipo e para todas as idades: baile tradicional galego, gaita, pandeireta e canto, acordeón, percusión, clarinete, debuxo, pastel, óleo, acuarela, bailes latinos e salón, ximnasia de mantemento, encaixe de bolillos e guitarra.

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina ten como misión fundamental a investigación do folclore galego.Nesta tarefa búscase a maior pureza e semellanza coa realidade e pretendende ser unha ferramenta de transmisión da arte popular de Galicia. Para levar a cabo tal fin, realízanse espectáculos de gran magnitude e represéntanse, tanto na nosa comunidade, no Estado, así como no estranxeiro a través dos festivais internacionais onde participa. A Asociación é a que nutre ó grupo dos seus mellores bailaríns e músicos que son á vez mestres dalgunhas actividades da Asociación e traballaren para inculcar os seus coñecementos a moitos alumnos que teñen como meta chegar a formar parte do devandito grupo.

 

Entre elas, é salientable a achega de

 

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos