Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Conta con Xacarandaina!

Queres contar con Xacarandaina para un próximo evento?

Ata o 20 de febreiro podes solicitar na Deputación de A Coruña a actuación dalgúns dos nosos grupos:

- Pandereteiras (cód. CA/28)

- Músicos (cód. CA/27)

- Garagao (escola Xaca; cód. DT/24)

- Pillabáns/Zarzallo (escola Xaca; cód. DT/25)

 

Completa o teu traxe!

Completa o teu traxe!

Precisas completar o teu traxe de galeg@?? 

Solicita zapatos, trenzas, aderezos (de prata dourada ou bixuteria, de gala ou de faena) e castañolas e benefícitae dos descontos por facelo a través da Asociación.

 Faino antes do 15 de Marzo na secretaría da Asociación.


 

Festa de entroido en Xacarandaina

Festa de entroido

Aproveitamos esta nota para informar ás socias e socios de que este ano as vacacións do Entroido serán o luns 12 e martes 13 de febreiro. Informamos tamén de que o xoves 8 de marzo tampouco haberá clase debido a que é Festivo local na Coruña (Día internacional da muller).

 Como xa ben sendo habitual todos os anos, o domingo de ENTROIDO realizaremos a NOSA FESTA! O domingo 11 de febreiro ven a Xacarandaina a festexar o Entroido!!

 A festa dará comezo ás 17:00h. Nela contaremos con merenda, xogos, baile, desfile de disfraces d@s participantes ás 19.15h e unha sorpresiña para cada un/unha d@s participantes.

 Imprecindible inscrición antes do mércores 7 de febreiro na secretaría da asociación! Os bebés non precisan inscribirse. O afora máximo é de 50 nen@s.

  •  Soci@s: De balde.
  •  Non soci@s: 3 €.

 Aprende e divírtete con Xaca!!


   


Apúntate a Coro Galego!

Gústache cantar?

Viches o resultado no especáculo “O PODER DO ARCABÚZ”? 

Gustaríache formar parte do noso CORO GALEGO?? Sería o venres de 21 a 22.30 horas.

Anótate na secretaría da Asociación. Ler máis

 

Visita cultural ó Castro de Elviña

Visita cultural ó Castro de Elviña

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s @s nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha visita guiada ao CASTRO DE ELVIÑA o día:

  •  21 de xaneiro ás 12:30 no CASTRO DE ELVIÑA da Coruña.

 Realizaremos unha visita guiada onde a monitora ou monitor nos explicará as características do asentamento castreño, como é a súa estrutura, que materiais se obtiveron nas excavacións arqueolóxicas, cal é o “Tesouro de Elviña” que pode contemplarse hoxe no Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón etc. MÁIS INFORMACIÓN

 A actividade vai dirixida a tod@s @s nen@s soci@s a partir de 4 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 18 de xaneiro, xa que as prazas son limitadas.

 Actividade gratuíta!!

 Aprende e divírtete con Xaca!!


   

Axenda

Xunio 2023
L M Me X V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2

Xacarandaina


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos