Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Campamento de Xacarandaina

Últimos días para apuntarse ó Campamento!

Quedan poucos días para a inscrición no Campamento de Xacarandaina!

As inscriciósn rematan o 20 de abril e quedan poucas plazas!!!

Animádevos!!


 

Campamento de Xacarandaina

XacaCampamento en Abril!

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s @s nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCampamentos acaba de programar un campamento para a fin de semana:

 · 28-29 de abril no local da Asociación.

 Xacarandaina acaba de programar un campamento para nen@s onde a diversión está garantida. A entrada será o sábado ás 17:00 h. e a saída o domingo ás 12:00 h.

 O campamento terá lugar no local da Asociación e durante a estancia @s nos@s nen@s poderán disfrutar de xogos tradicionais, obradoiros, contos, película... unha ampla variedade de actividades adaptadas á idade dos inscritos. Estarán acompañados de dúas/dous monitor@s de tempo libre titulad@s.

 PREZO: 20 EUROS.

 O prezo inclúe a merenda e cea do sábado e desaiuno do domingo. A actividade vai dirixida a tod@s @s nen@s soci@s a partir de 7 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do venres 20 de abril, xa que as prazas son limitadas (mínimo: 18 e máximo: 25 nen@s).

 Divírtete con Xacarandaina!!!

 Comisión de Xacacampamentos da A.C. Xacarandaina


 


Bases e inscricións do XIX Concurso de Música

Xa están colgadas as bases e inscricións do XXIX Concurso de Música Tradicional Xacarandaina que se celebrará o 13 de Maio no Centro Sociocultural Ágora de A Coruña.

Pódense descarregar dende aquí.


   

Concurso Interno 2018

Selección Interna 2018

O próximo sábado 7 de abril terá lugar a Selección Intarna dos grupos de baile e música tradicional que asisten ao círculo de actividades do curso 17/18. O acto comezará ás 17:00 h. e terá lugar, como novidade, no Centro Ágora da Coruña.

Quedades tod@s convidad@s a participar deste evento e desfrutar das marabillosas actuacións dos grupos da nosa escola.


 


Vacacións de Semana Santa

A Asociación permanecerá pechada do 26 ó 30 de marzal, tempo que aproveitaremos para afrontar o fin do curso!

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos