Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Xacaramdaina na Festa do Escalo

Grupos da Escola actuarán na Festa do Escalo

Este domingo 22 de xullo o grupo Garagao actuará na Romaría Galega que será organizada no Concello de Trazo, onde poderemos disfrutar dunha romaría galega.

Esperámosvos!


 


Vacacións de Verán

Durante os meses de xullo e agosto a Asociación permanecerá pechada.

Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto con nós a través da nosa dirección de correo ou no teléfono 687 88 28 24.


 

Colaboradores Romaría e Foliada Xacarandaina 2018

Romaría e Foliada de Colaboradores!

Grazas a inestimable axuda dos nosos colaboradores podemos facer unha Foliada e unha Romaría do Lecer mellor. 

Aquí mostrámosvos as outras empresas e entidades que colaboran ca Romaría e Foliada de Xacarandaina, doando productos que se sortearán ó longo do fin de semana, servizos e tarefas de colaboración.

Moitas grazas a todas elas!

Ler máis

   

Concurso de Sobremesas Xacarandaina Romaría do Lecer

Concurso de Sobremesas na Romaría!

Este ano teremos un concurso moi popular! Trátase de facer a sobremesa máis sabedora para a tarde da Romaría do Lecer.

Bases:

1. Poden participar todas as persoas que o desexen

2. Celebrarase o 17 de xuño no Parque de Santa Margarida a partir das 16:00 h, mentras ten lugar a Romaría do Lecer da A.C. Xacarandaina

3. As sobremesas deberán entregarse ás 16.00h. xunto cun sobre donde figuren os datos d@ participante e o nome da receita.

4. A votación será popular. O público asistente deberá depositar a súa papeleta na zona de degustación, realizando un só voto por persoa.

5. @ gañador@ anunciarase ao remate das actuacións previstas para a tarde ( hora estimada 20.00h. )

6 Só se admitirá unha sobremesa por participante

7. A sobremesa deberá ser elaborada a man, non se admitirán aquélas que sexan precociñadas.

8. Por motivos de organización, non se disporá de conxelador


 

romaría 18

Romaría e Foliada!

Xa chega a tradicional Foliada e Romaría do Lecer!

Coma todos estes anos disfrutaremos de obradoiros abertos de Baile e Música Tradicional para continuar cunha foliada para os máis cativos. Todo o sábado 16 a partires das 21h.

A continuación dará comezo a Foliada aberta a todo ó mundo onde voltaremos a vernos bailadores, músicos e amigos de todo o pais.

Por motivos de organización, agradeceríamos que vos apuntárades na foliada libre no correo da asociación!

O domingo pola contra é o día familiar en Xacarandaina. A partires das 11 da mañá comenzará a xornada  de clausura das actividades.

   

Axenda

Xunio 2023
L M Me X V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2

Xacarandaina


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos