Próximas actuacións de verán!
O martes 21 ás 20:00 estaremos no evento CasteloConta, en Castelo, concello de Culleredo. Ligazón
O domingo 26 ás 13:30 na Romaría de Santa Margarida. Ligazón do programa
Non hai festa que chegue!!!
"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo" |
O martes 21 ás 20:00 estaremos no evento CasteloConta, en Castelo, concello de Culleredo. Ligazón
O domingo 26 ás 13:30 na Romaría de Santa Margarida. Ligazón do programa
Non hai festa que chegue!!!
Este domingo o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina participará na Mostra da Olería de Buño ás 19.00h.
Xacarandaina participará nas festas de María Pita e estrenarase o mércores 1 de Agosto cun pasarrúas ás 19:30 da tarde que rematará en María Pita, onde nos xuntaremos cas demáis asociacións.
Dentro das Festas da cidade, actuaremos durante a Romaría de Santa Margarida Xacarandaina actuará no parque do mesmo nome. Será o domingo 26 de agosto ás 13:30h.
Ligazón: Programa das Festas de María Pita
O ciclo de música e baile Danza3 continúa ó longo da xeografía galega. Desta volta Xacarandaina actuará en Vila de Parga (Guitiriz). Será o domingo 22 de Xullo ás 12.00h
Maña fai un ano o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina emprendía camiño ó Festival de Gannat (Francia). Aproveitando o acontecemento anunciamos que este ano o Grupo tamén se vai de viaxe! Desta volta Xacarandaina espallará a cultura galega no International Folk Dance Festival Carpati que se celebrará en Romanía entre o 9 ó 16 de Agosto.
A nósa Asociación participará na 35 edición deste veterano festival que terá como sede principal a romanesa cidade de Pitesti e ademais realizarase unha xira polo país, na que Xacarandaina actuará en catro cidades diferentes:Câmpulung, Curtea de Arges, Topoloveni e Mioveni.