Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Xacaculturais decembro 2018

Boas a tod@s,


A visita cultura neste mes de decembro será  o vindeiro 22 de decembro.


Visitaremos o Belén electrónico de Begonte e o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) en horario de mañá.  Despois do xantar aproveitaremos para facer unha parada en Baamonde e visitar a Casa Museo de Victor Corral.


Sairemos en autobús ás 10:00h. do Pazo da Ópera da Coruña e a hora de chegada será ás 19:30h.  O prezo será de 10,00€. Ler máis

 


Cesta de Nadal 2018

Cesta de Nadal!


Xa temos a cesta de Nadal esperando a que elixas o teu número.

Sorteamos 100 números, resultando gañador aquel que coincida cos dous últimos díxitos do Gordo de Nadal.

Á venta na secretaría da Asociación

SORTE!


 


Visita Reis Magos 2018

As Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente veñen a visitarnos o 21 de Decembro de 17 a 19.30 h.

Contaremos con Xogos e merenda.

Para os socios é de  balde e para os non socios 3 €

Anotacións na secretaría da Asociación. 

 Non esquezades as vosas cartas e ser bos ! 



   


Concurso Postais Nadal 2018

Postal gañadora do Concurso, a creación de Icía M. C. Llanos!







Queres participar no concurso e que a túa postal sexa a gañadora neste Nadal? Bótalle imaxinación e  explora a túa creatividade! 

- Poderá participar calquera soci@.

- Haberá tres categorías:


1ª Categoría: de 3 a 5 anos.

2ª Categoría: de 6 a 9 anos.

3ª Categoría: de 10 anos en adiante.

- O tamaño será de medio folio.

- Cada participante poderá presentar unicamente un traballo.

- Valorase a temática tradicional.

- Debe poñer o nome e idade de cada participante na parte posterior da postal.


Se a túa postal resulta gañadora será a felicitación de Nadal da Asociación.

O derradeiro día para a presentación das postais será o 18 de decembro.

Sorte a todas e todos!!!



 

 


Cantada de Nadal 2018

Un ano máis Xacarandaina realiza a xa tradicional cantada de Nadal.

Será o sábado 22 de Decembro a partir das 21.00 horas na rúa Florida. Música e baile na rúa! Diversión e celebración do Nadal da mellor forma que sabemos bailando e cantando! 


   

Axenda

Xunio 2023
L M Me X V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2

Xacarandaina


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos