Resultados do XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina
Reunido o Xurado do XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina, composto por Chelo Cheda Pérez, Miguel Sotelo Vidal e María José Martínez Pérez toman o seguinte acordo:
"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo" |
Reunido o Xurado do XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina, composto por Chelo Cheda Pérez, Miguel Sotelo Vidal e María José Martínez Pérez toman o seguinte acordo:
Co gallo do día das letras galegas propoñémosche unha actividade. Escribe unha copla de formato tradicional (tres ou catro versos) que inclúa a palabra ‘Xacarandaina" ou "Xaca".
Pódesnos enviar varias coplas se o desexas a través do e-mail, ou ben déixaas na secretaría da Asociación, antes do día 17 de maio.
Entre todas as que se presenten escollerase unha que terá como premio un libro e dúas entradas para o XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (29 de maio no Coliseum).
A Concellería de Mocidade trae a Xacarandaina un obradoiro lúdico-musical a cargo de Pablo Díaz, Olga Kirk e Álex Fente. Está orientado a rapaces de ata 10 anos, e virán o xoves 12 de maio ás 18h. Actividade é de balde e aberta a todo o público.
Se queredes ver fotos do evento, podedes empregar o noso perfil en Tuenti! Próximamente na páxina web e en FB!
O Grupo de Música e Bailes Tradicionais de Xacarandaina actuará o sábado día 30 en Santiago de Compostela na I Mostra de Danza de Galicia, cita organizada polo Centro Coreográfico Galego (CCG) e a Axencia Galega de Iniciativas Culturais (AGADIC).
O evento reunirá máis de 20 horas de exhibición coreográfica combinados en diferentes escenarios dende o día 26 ata o día 30, fecha na que o nóso grupo actuará de 12:30 a 13:00 na Plaza Cervantes nunha exhibición aberta a todas e todos os que se queiran achegar.
Xacarandaina combinará a música das pandereteiras e dos gaiteiros, intercalándose e acompañando ás pezas de baile tradicional por espazo de media hora. Algunhas destas coreografías serán estreadas por primeira vez ó público coa finalidade de seguir dando a coñecer a nósa rica tradición artística.
ligazón: dossier de prensa
Twitter @AcXacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.
Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315