Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



O GMBT Xacarandaina na gala "Tierra de Hombres"

O sábado 19 de novembro o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina participará na II Gala Solidaria “Tierra de Hombres”, que terá lugar no Teatro Colón ás 21h. Xunto con Xacarandaina actuará a escola de baile Soul e todo o recaudado irá a parar á Fundación Tierra de Hombres.

Ler máis
 

Xacarandaina-Camiño de Inverno

Dúas etapas do Camiño de Inverno

Seguimos co Camiño de Inverno! Este mes faremos dúas andainas do camiño:

 

  • 2ª Etapa: Puente de Domingo Flórez e Vilamartín de Valdeorras (25km.) o día 13 de novembro.
    • A inscrición preferente ata o 5 de novembro
    • Inscrición xeral, 10 de novembro.
  • 3ª Etapa: Vilamartín e Bendilló (26km.) o día 27 de novembro
    • Inscrición preferente ata o 19 de novembro
    • Inscrición xeral ata o 17 de novembro.

Ler máis

 

Xacarandaina Zaragoza 2011

O GMBT nas festas do Pilar

Actualiz.: Xacarandaina do Festival Nacional da Jota de Zaragoza (aragontelevision) a partires do minuto 23

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina actuará nas Festas do Pilar de Zaragoza na súa edición do ano 2011. A actuación estará enmarcada dentro do "Festival Internacional de la Jota" na famosa Praza do Pilar da capital aragonesa. O Grupo representará así a xota tradicional galega e vaino facer acompañado no cartel por grupos de Cataluña e Aragón, sendo retransmitido pola televisión pública de Aragón.

 

Ler máis
   

Medulas . Camiño de Inverno, Xacarandaina

Xacadandaina 2011: Camiño de Inverno

Este ano a ruta elixida é o Camiño de Inverno, opción tomada polos peregrinos a Santiago cando as neves impedían atravesar Pedrafita,  un camiño que non deixa indiferente. Cruza por excepcionais paraxes naturais e artísticas. Nos seus inicios o peregrino atopará a inigualable paraxe de Las Médulas, Patrimonio da Humanidade (1997). Non menos abraiante é a entrada en Galicia, seguindo o río Sil, deixando á dereita a serra da Enciña da Lastra, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dende o 2000.

Ler máis
 


Visita guiada infantil "Nace a historia"

VISITA DINAMIZADA INFANTIL Á EXPOSICIÓN "NACE A HISTORIA" na Fundación Novacaixagalicia.

Viaxaremos ao pasado da man dun pequeno escriba; o noso amigo ensinaranos como era a vida no Exipto faraónico.

Esta visita realizarase o venres 21 de outubro ás 19h. Os interesados deberán inscribirse na secretaría ata o mércores 19.

ACTIVIDADE GRATUITA

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos