
Bo nadal e boa entrada no Ano novo!
Desde a A. C. Xacarandaina desexámosvos...
...un Bo Nadal a tod@s
e unha boa entrada no Ano Novo!
Ler máis"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo" |
Desde a A. C. Xacarandaina desexámosvos...
...un Bo Nadal a tod@s
e unha boa entrada no Ano Novo!
Ler máisBoas a tod@s,
A visita cultura neste mes de decembro será o vindeiro 22 de decembro.
Visitaremos o Belén electrónico de Begonte e o Museo Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) en horario de mañá. Despois do xantar aproveitaremos para facer unha parada en Baamonde e visitar a Casa Museo de Victor Corral.
Sairemos en autobús ás 10:00h. do Pazo da Ópera da Coruña e a hora de chegada será ás 19:30h. O prezo será de 10,00€. Ler máis
Xa temos a cesta de Nadal esperando a que elixas o teu número.
Sorteamos 100 números, resultando gañador aquel que coincida cos dous últimos díxitos do Gordo de Nadal.
Á venta na secretaría da Asociación
SORTE!
As Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente veñen a visitarnos o 21 de Decembro de 17 a 19.30 h.
Contaremos con Xogos e merenda.
Para os socios é de balde e para os non socios 3 €
Anotacións na secretaría da Asociación.
Non esquezades as vosas cartas e ser bos !
Postal gañadora do Concurso, a creación de Icía M. C. Llanos!
Queres participar no concurso e que a túa postal sexa a gañadora neste Nadal? Bótalle imaxinación e explora a túa creatividade!
- Poderá participar calquera soci@.
- Haberá tres categorías:
1ª Categoría: de 3 a 5 anos.
2ª Categoría: de 6 a 9 anos.
3ª Categoría: de 10 anos en adiante.
- O tamaño será de medio folio.
- Cada participante poderá presentar unicamente un traballo.
- Valorase a temática tradicional.
- Debe poñer o nome e idade de cada participante na parte posterior da postal.
Se a túa postal resulta gañadora será a felicitación de Nadal da Asociación.
O derradeiro día para a presentación das postais será o 18 de decembro.
Sorte a todas e todos!!!