
Xacadandaina 2011: Camiño de Inverno
Este ano a ruta elixida é o Camiño de Inverno, opción tomada polos peregrinos a Santiago cando as neves impedían atravesar Pedrafita, un camiño que non deixa indiferente. Cruza por excepcionais paraxes naturais e artísticas. Nos seus inicios o peregrino atopará a inigualable paraxe de Las Médulas, Patrimonio da Humanidade (1997). Non menos abraiante é a entrada en Galicia, seguindo o río Sil, deixando á dereita a serra da Enciña da Lastra, Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dende o 2000.
Ler máis