Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Actuación

Actuación de Garagao e Xareliños

Os grupos Garagao e Xareliños actuarán no I.E.S. Sardiñeira o día 10 de maio.

Esperamos que o pasen moi ben. Non faltedes á cita!


 


Obradoiro didáctico no C.E.I.P. Alborada

O 16 de maio, co gallo do día das Letras Galegas, os mestres de Xacarandaina impartirán un obradoiro para rapaces de 8 a 12 anos.

A cita será ás 12 da mañá no CEIP Alborada de A Coruña.


 

Nova etapa de XacadAndaina

9ª Etapa de XacadAndaina

A 9ª etapa do camiño celebrarase o domingo 13 de maio. Percorrerá o tramo entre Lalín (onde o deixamos na anterior etapa, un pouquiño antes de chegar a Lalín), e Silleda. Os horarios serán os habituais, presentación ás 7:45 e saída ás 8 da maña do Pazo da Ópera. Ler máis

   

Concurso de Musica

XXIII Concurso de Música Tradicional

Están publicadas as bases e a folla de inscrición do XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

Este ano celebrarase o 27 de Maio no Centro Ágora de A Coruña.

Poden ser descargadas nesta ligazón da nósa páxina web.


 

Exhibición dos Grupos da Asociación

Horario Exhibición dos Grupos

Presentámosvos o programa da Exhibición dos Grupos da Asociación para esta edición 2012.

Nel actúan todos os alumnos que ao longo do ano asistiron ás actividades que oferta a Asociación: gaita, pandeireta e baile tradicional.

Notas:

  • Cada grupo terá que estar no Colexo Calvo Sotelo media hora antes do inicio de cada bloque.
  • Lembrade levar os complementos necesarios!

Ligazóns: Horario (Actualizado a18/04/2012)

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos