Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



As actividades de Verán tamén continúan!

As actividades de Verán tamén continúan! O horario, salvo cambios, é o seguinte:

  • Os mércores impartimos pandeireta e gaita, ás 21 h.
  • Os  xoves tócalle a baile no mesmo horario.
As inscricións realízanse vía e-mail ata o 13 de agosto.

As Actividades de Verán son a ocasión perfecta para todos aqueles que queredes PROBAR sen comprometervos todo o ano, ou para ver cal é o nivel no que estades máis cómodos.. ou para ir collendo ritmo para comezar o curso completo en outubro. E porque non, para seguir aprendendo un pouco máis aqueles que xa formades parte de Xaca.

 


Obradoiros na Feira do Libro da Coruña

Profesores de Xacarandaina realizarán dous obradoiros no marco da Feira do Libro da Coruña, destinados a rapaces e rapazas.

O primeiro é o día 2 ás 12:30 e estará adicado á percusión tradicional, e o segundo, de baile tradicional, o día 10 á mesma hora, ambolos dous para rapaces.


 

Galizien Amerika Linie en María Pita, A Coruña

Galizien-Amerika Linie na Coruña

Temos a satisfacción de actuar este ano nas festas da Coruña o día 11 de agosto ás 22:30 na Praza de Mª Pita. É unha oportunidade única de ver o novo espectáculo de Xacarandaina nun marco incomparable, e desexamos disfrutalo contodos vós.  Esperámosvos!!!!

Ler máis
   


Gañadores do XXXIII Concurso de Baile

Reunido o Xurado do XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina tomaron os seguintes acordos:

Ler máis

 


Venda de localidades - XXXIIII Concurso de Baile

As entradas terán un prezo de 7,00€ e serán numeradas. Poderán ser mercadas en:

 * www.servinova.com (con comisión de compra por internet)

* No quiosco da praza de Ourense de A Coruña 12 a 12:30 e de 17 a 19:30

* Chamando ó teléfono 902 504 500

* Na taquilla do Pazo da Opera o día do Concurso dende unha hora antes do comezo do concurso. 

ACTUALIZACIÓN: a taquilla estará aberta de 10 a 13 h.

   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos