Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Exhibición Interna dos Grupos

Xa está aquí un das primeiras citas fixas do ano: a Exhibición Interna dos Grupos da Asociación! Neste acto poderedes ver un adianto das actuacións do fin de curso, xa que todos os grupos da Asociación nos presentan o traballo que levan feito ao longo do curso. Terá lugar o domingo 22 de abril ás 11:00 h no Teatro do Colexio Calvo Sotelo.

Consultar o horario deste ano 2012

 

Gala Galizien Amerika Linie

Galizien Amerika Linie en Narón

Se na saída do primeiro barco quedaches en terra non te preocupes.

Tes unha nova oportunidade: o 14 de abril sae o segundo barco rumbo a América, consegue o teu billete e zarpa con nos no Pazo da Cultura de Narón.

Nota: As entradas para Narón non se poden mercar por Internet.

Existe a posibilidade de reservas por teléfono: 981 10 28 97. Horario de 11 a 13:30 e de 18 a 20 h.

Ler máis

 

Camiño de Inverno

8ª Etapa do Camiño de Inverno

O domingo 15 de abril de 2012 nos colocaremos as botas de camiñar para facer a 8ª etapa do Camiño de Inverno. Desta volta recorreremos dende Monte Faro á Ponte Pedroso, facendo un total de 23 km.

Ler máis

   

Xacaculturais: Museo de Belas Artes

Xacaculturais de Abril

Duas novas exposicións que visitar en abril da man de Xacaculturais:

Por un lado temos a visita guiada ó Museo de Belas Artes de A Coruña que nos permitirá facer unha visita xeral do museo e coñecer as dez obras do novo depósito que o Museo Nacional del Prado fai para compensar o levantamento do depósito dos lenzos de Vicente Carducho.

Ler máis
 

Centro Ágora

Actuación do Grupo no Memorial Choncha Martínez

O domingo 18 de marzo actúa o Grupo de Música e Bailes Tradicionais Xacarandaina no centro Ágora de A Coruña. O motivo é a celebración do "I Encontro de Danza Memorial Choncha Martínez" no que Xacarandaina unirase a diferentes agrupacións da cidade.

   

Axenda

Decembro 2019
L M Me X V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos