Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Día de Portas Abertas

O Día de Portas Abertas celebrarase o sábado, día 1 de Outubro, no local social de Xacarandaina.

Ven probar diferentes actividades de maneira gratuíta!

Só tes que mandar unha mensaxe electrónica especificando a que actividade ou actividades que res vir xunto co teu nome e un teléfono de contacto ou, directamente, vía telefónica ao número 981 277 315.

 

  • 16 horas: Haberá debuxo, pintura, guitarra, baile moderno (menores de 16 anos) e baile tradicional (maiores de 16 anos).
  • 17 horas: Haberá acordeón, gaita e baile tradicional (menores de 16 anos)
  • 18 horas: Haberá pandeireta e canto.

 

Anímate!

 


Traslado de Xaca na Rúa

Por mor da coincidencia do acto coa manifestación do 15-M, trasladamos a data DE XACA NA RÚA ao vindeiro sábado día 24. Os que non podíasde vir, o millor podedes de esta. Saúdos

 

Tríptico de Actividades de Xacarandaina

Publicamos a nova proposta de horarios

A medida que as inscricións avanzan en Xacarandaina recompoñemos o horario de actividades segundo as vosas necesidades. Aquí tendes o horario máis actualizado co que contamos nestes momentos

ligazóns: tríptico para web

   

Triptico Curso 2011-2012

Oferta de actividades para o novo curso

Presentámosvos a oferta de actividades para o curso 2011 - 2012.

O día 5 de setembro comeza o prazo de inscrición. Non o deixedes para o último día e reservade a vosa praza!

O horario de oficina é de luns a venres de 10:30h. a 12:30h. e de 18:00h. a 21:00h. A matrícula preferentemente en horario de 18:00 a 21:00:

As clases poden variar en función da demanda. Se sodes moitos a desexar algunha outra clase intentarémola facer posible.

 

(actualizado a 20 de setembro de 2011)

ligazón: tríptico curso 2011-2012 (para web)

 

convocatoria_asemblea_ordinaria

Convocatoria de Asemblea Ordinaria

A Coruña, 18 de Agosto de 2011

Convócase a todos os socios e socias á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o día 23 de setembro de 2011, venres, sendo a primeira convocatoria ás 20:00 horas e a segunda convocatoria ás 20:30 horas, coa seguinte Orde do Día:

 

Ler máis
   

Axenda

Xullo 2018
L M Me X V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5

Xacarandaina


Xacarandaina



Accede para coñecer as ventaxas para socios de Xacarandaina!

Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos