Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Lembrade: Patinaxe sobre Xeo!

Vos presta patinar sobre xeo? Agora con Xacarandaina tes a túa oportunidade!

Coma tódolos anos, o 7 de febreiro organizamos una visita para grupos á pista de xeo instalada no Coliseum de A Coruña.

O 7 de febreiro no Coliseum, ás 18:45

Inscrición na secretaría ata o 2 de febreiro.


Podes consultar todas as datas e horas na nosa AXENDA.

 


Suspéndese esta XacadAndaina deste domingo

 A andaina de este domingo 20 de xaneiro queda cancelada por mal tempo, e pasará a realizarse o vindeiro día 3 de febreiro. Os asistentes poden manter a súa reserva para o seguinte día, ou no caso de non asistir se lles devolverá o importe.

 As características específicas da excursión, sen acceso do autobús practicamente ao longo de todo o percorrido, o interese da vista panorámica desde o Monte Pindo, e a ausencia de lugares de abrigo, obrigounos a tomar esta decisión.

 Sentimos os problemas que vos poda conlevar, pero creemos que é o máis convinte.

 


Actuación do Grupo de Música en As Pontes

O grupo de Música Tradicional Xacarandaina ó completo participará este domingo, 13 de xaneiro, ás 19:00h, na VII Mostra de Bandas de Gaitas que se celebrará no auditorio municipal Cine Alovi de As Pontes de García Rodríguez.


Ligazón: Nova na web do Concello de As Pontes


   


Galizien Amerika Linie - Xa á venda

O vindeiro sábado 16 de febreiro ás 22:00h Xacarandaina representará no Teatro Colón da Coruña o seu novo espectáculo "Galizien Amerika Linie".

Xa podedes mercar as entradas a través da web de servinova:

http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/1844-xacarandaina.html

ou ben chamando o teléfono 902.905.455, no quiosco da Praza de Ourense e na Fundación Caixa Galicia da Coruña en horario de atención o público.

Ligazóns: novas no Ideal Gallego  |  Actuación na web do Teatro Colón | Sorteo en Ocio en Coruña.com


  

 

Patinaxe sobre xeo

Patinaxe sobre Xeo

Vos presta patinar sobre xeo? Agora con Xacarandaina tes a túa oportunidade!

Coma tódolos anos, o 7 de febreiro organizamos una visita para grupos á pista de xeo instalada no Coliseum de A Coruña.

Ler máis

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos