Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Gorechos, Zarzallo, Pillabáns e Rebuldeiros.

O 9 de xuño participarán no Día da Muiñeira de Arteixo os grupos da Escola de Xacarandaina: Gorechos, Zarzallo, Pillabáns e Rebuldeiros.

Esperamos que o pasen moi ben e animámosvos a acodir a esta gran celebración!


 

Foliada e Romaría  do Lecer

Horarios da Romaría e Foliada

Xa se vai achegando o bo tempo e as ganas de festa. E en Xacarandaina propoñémosvos unha das tradicións máis senlleiras da Asociación: a Foliada e a Romería do Lecer e día da Muiñeira!

E para ir quentando motores anunciámosvos os horarios para este ano 2013:

SÁBADO 6 de xullo 

  • DENDE ÁS 19:00 FOLIADA INFANTIL
  • DENDE ÁS 21:00 FOLIADA E GRAN SARDIÑADA


DOMINGO 7 de xullo 

  • DENDE ÁS 11:00 ROMARIA E DIA DA MUIÑEIRA
Ler máis
 

Ludoteca Verán 2013

Ludoteca de Verán

Ven a divertirte a Xacarandaina!

Durante o verán os cativos de entre 4 e 12 anos poden gozar do tempo de lecer en Xacarandaina! Na Ludoteca de Verán farán actividades lúdicas, recreativas e moi divertidas, sendo unha das clásicas ofertas de Xacarandaina para o tempo estival e sempre adaptadas ás necesidades dos pais e dos rapaces.

As datas e horarios son os seguintes:

Mes de xullo enteiro:

  • Xullo enteiro (23 días): 132 € Socios. 176 € Non Socios.

Tamén podes escoller por quincenas:

  • 1ª quincena de xullo (11 días): 65€ Socios. 85 € Non Socios.
  • 2ª quincena de xullo (12 días): 78€ Socios. 102 € Non Socios.


E lembra que tamén podes coller días soltos

  • Días soltos: 7 € Socios. 9 € Non Socios.
Ler máis
   

Xaca Verán!

Clases de Verán

Queres continuar cas túas clases de Xacarandaina nos meses de Xullo e Setembro?

Anótate na secretaría da Asociación e desfruta do que che gusta tamén no verán!!!


 


Cancélase Galizien Amerika Linie en Vigo

O GMBT XACARANDAINA INFORMA:


Por causas alléas a Xacarandaina e o Centro Cultural Novacaixagalicia vémonos na obriga de cancelar a representación do espectáculo "Galizien Amerika Linie" programado para o vindeiro sábado 1 de xuño no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo.


Pedimos disculpas a todo o público e informamos que o importe das entradas poderá recuperarse integramente nos mesmos puntos de venda onde foron adquiridas.

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos