Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo" |
Tras o éxito en anos anteriores do Festival Solidario de Nadal, a Asociación Cultural Xacarandaina organiza neste ano 2019 o Festival Solidario de Primavera a favor da Cociña Económica da Coruña.
O festival será o domingo 5 de maio ás 10:00 horas no Centro Ágora da Coruña, acto ao que estades convidados a participar.
Neste acto actuarán todos os grupos infantís, xuvenís e de adultos que temos na escola, das modalidades de baile, pandeireta e gaita tradicional.
O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro.
Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiros e coro.
Ler máis
Estamos inscritos na Rede cultural da Deputación de A Coruña.
Concellos e entidades poden solicitar os nosos espectáculos do Grupo de Música e Baile Tradicional ata o 13 de marzo. Busca no seguinte enderezo:
https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/redcultural/espectaculos
Para solicitar os espectáculos ou para máis información: 981277315 ou a través do noso correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
O sábado 27 de abril realizaremos o curso de Birimbao ou Trompa de boca impartido por Daniel do Pando.
O birimbao, ou trompa de boca, é un instrumento formado por unha lingüeta de aceiro fixada a un marco por medio dunha cuña incrustada nun pequeño furado situado na parte posterior.
Funciona en contacto coa cavidade bucal, ao pulsar a lingüeta esta vibra producindo unha nota fundamental e unha serie harmónica.
Ler máis