Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Feliz Nadal 2013!

Feliz Nadal 2013!

Ler máis

 


Próximas actuacións!

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina actuará no Especial Fin de Ano da TVG, dentro do programa Luar. Son moitas xa as veces que o Grupo e cativos da Escola-Círculo de Actividades teñen participado e algunha das actuacións do Grupo neste programa están na sección de Videos.

Pola súa parte o grupo "Ferreñas" da Escola de Xacarandaina actuará na localidade de Negreira. Será no Campo da Festa, o día 14 de Nadal, arredor das 13:00h. Esperámosvos!

Por último, non esquezades as tradicionais cantadas de Nadal. Coma sempre o folclore volverá xermolar ó redor da rúa Florida, o 21 e 28 de decembro, sendo a Cantada de Nadal e Cantada de Fin de Ano respectivamente. Estades todos invitados para compartir, tocar e bailar neste tempo de ledicia.


 

Festival Solidario de Nadal Xacarandaina

Festival Solidario de Nadal

Coa chegada do Nadal Xacarandaina énchese de actividades como a Ludoteca, o Concurso de Postais, cantadas na rúa, visita dos Reis Magos...

Desta quenda temos un nodo evento: o vindeiro 23 de Nadal a A. C. Xacarandaina, ca colaboración da Concello da Coruña, celebrará un Festival de Nadal Solidario a favor da Cociña Económica.

Ler máis
   

Danzas do mundo

Novo Curso: "Danzas do Mundo"

Os días 24 e 25 de Xaneiro, Xacarandaina propón un curso de “Danzas do Mundo” impartido por Suso Cancelas, posgrado en Expresión artística e Danza da Universidade da Coruña, recoñecido mestre en diversos cursos a nivel internacional e un longuísimo curriculo.

Interpretaranse danzas de Irlanda, Escocia e da Bretaña no local social de Xacarandaina.

O horario, como vedes é moi axeitado:

  • Venres pola tarde (de 19 a 22.30 horas),
  • sábado pola mañá (de 10 a 13.30 horas) e
  • sábado pola tarde (de 16 a 19.30horas)
Ler máis
 


Ludoteca de Nadal '13

Xacarandaina organiza de novo a Ludoteca de Nadal

Neste 2013 os cativos poderán disfrutar de 10 días de diversión con profesores titulados: música, xogos, baile, cine, manualidades, visita das SSMM Os Reis Magos, etc.

Para nenos de entre 3 a 12 anos. Dende o luns 23 de Nadal ó 8 de Xaneiro en horario de 10 a 14 horas.


  • Prezo día solto: Socios 8€  Non Socio 10€.
  • Prezo completo: Socios 70€ Non Socio 95€.


 *Inscrición ata o 16 de Decembro. Pago por adiantado.

Só será devolto no caso deque a ludoteca non se leve a cabo por falta de participantes.


Podes ver as fotos de outros anos na nosa galería fotográfica.

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos