Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Curso de Enfiado en Xacarandaina

Curso de Enfiado

Presentamos un novo curso organizado pola nosa asociación: Curso de Enfiado.

O enfiado consiste en facer adornos con avalorios como os que vedes no cartel. Estes adornos son moi usados na tradición galega.

O curso será impartido por Julia Pozo e terá unha duración de 6 días:


  • 19 e 26 de marzo
  • 2,9,16 e 30 de abril


Coma sempre, os socios de Xacarandaina teñen un interesante desconto:


  • Prezo Socios: 50€
  • Prezo non socios: 62 €


Podes facerte socio en calqueira momento e terás descontos en todas as actividades de Xacarandaina! Faite socio!

Ler máis
 

Agradecemento Cociña Económica

Éxito solidario - Cociña Económica

A Cociña Económica de A Coruña púxose en contacto con a nosa Asociación para expresar a súa ledicia polo resultado, 1800 kg. de alimento, na que foi unha gran gala solidaria de nadal. Dende aquí queremos agradecervos a todas e todos a vosa colaboración xa que do contrario sería imposible.

Ler máis

 

Galizien Amerika Linie en Santiago

Galizien Amerika Linie en Santiago de Compostela

Xa están á venda as entradas para o día 16 de febreiro ás 20:00 horas no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

As entradas teñen un precio de 10,00€ e podedes mercalas:


  • na taquilla do recinto
  • no teléfono 902 43 44 43, cunha comisión de 1,50€


ou por internet cunha comisión de 1,00€ nesta ligazón: http://entradas.novagaliciabanco.es/es/Detalle/Xacarandaina

Máis información: web de Xacarandaina

   

Festa de Reis

Festa de Reis

Este nadal non podía rematar sen a tradicional Festa de Reis! As súas Maxestades de Oriente acodirán a recoller as cartas dos mais pequechos!

Será o día 4 de Xaneiro, ás 11:30. Esperámosvos a todos alí!

Ler máis
 

Festival Solidario de Nadal

Hoxe celébrase o Festival Solidario de Nadal

Hoxe celébrase o Festival Solidario de Nadal en favor da Cociña Económica de A Coruña. Será no Centro SocioCultural Ágora. Para asistir ó evento só tes que entregar 1 quilogramo de alimento, que será recollido a partires das 19:00h. 

Participará o Grupo Retrouso de Bueu, diferentes grupos da Asociación así como o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina. 

Non vos perdades a cíta! Vémonos as 20:00h!

Máis información


   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos