Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Actuación no Luar dos Grupos de Xacarandaina

Participación en Luar

O 4 de abril a Asociación Cultural Xacarandaina terá representación no programa Luar da TVG! Será a partires das 22 horas.

Bailarán o grupo "Pillabáns" acompañados polos gaiteiros "Tiracroios" e as pandereteiras "Rideiras" que cantarán xunto cos pandereteiros máis pequenos da familia: "Os Gorechos". Para moito será a súa primeira experiencia na televisión!

Podedes ver máis  vídeos de actuacións na TVG na nosa sección de vídeos!


 

Curso de Enfiado

Queda menos para o curso de Enfiado!

Xa queda menos para o curso de enfiado! Aprenderedes a facer pequenas obras de arte coas vosas mans coa axuda de Julia Pozo.

Será nas seguintes datas (mércores de 19 a 21h):


  • 19 e 26 de marzo
  • 2,9, 23 e 30 de abril (cambiamos do 19 ó 23) Ler máis
 

Entroido en Xacarandaina!

Festa de Entroido!

Xa está aquí o entroido! Celebrarémolo en Xacarandaina cunha festa que incluirá xogos, baile e merenda

Será o xoves 27 de Febreiro, ás 17:00h

Esperámosvos!

Ler máis
   


Resumo de Prensa Galizien Amerika Linie en Santiago

Este pasado 16 de febreiro representouse o espectáculo de música e baile tradicional Galizien Amerika Linie no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Este evento foi intensamente seguido polos medios de comunicación, tanto radio, televisión e medios dixitais.

A continuación mostramos algúns deles, xunto cunha pequena galería fotográfica:

Ler máis
 

Xacaculturais de Febreiro en Xacarandaina

Actividades Culturais de Febreiro

Siguen as actividades culturais en Xacarandaina. Desta volta visitaremos a mostra "O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporánea galega"

Será o 22 de febreiro ás 12:00 no Centro Sociocultural da Fundación Novacaixagalicia, no Cantón Grande.

A aportación será de 1€ para Socios e 2€ para Non Socios.

A inscrición estará aberta ata o 19/02! Ler máis

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos