Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Exposición de Pintura dos alumnos de Xacarandaina

Exposición de Artes Plásticas

Xa chega a Exposición de Artes Plásticas. Coma todos os anos os alumnos das diferentes clases de Artes Plásticas da Ascociación expoñen ás suas obras no Fórum Metropolitano de A Coruña.

Ler máis
 

Curso Intensivo de Retrato ó Óleo en Xacarandaina

Curso Intensivo - Retratos ó óleo

Presentamos un novo curso: trátase dun intensivo curso de retrato ó óleo. Será impartido por Joseba Muruzábal, licenciado en Belas Artes (Universidade de Vigo) do que podedes ver unha mostra da súa arte e premios aquí. Destaca pola contemporaneidade urbana das súas obras e o realismo case fotográfico que consigue

Os horarios son :

  • Luns 21: de 17h a 21h.
  • Martes 22: de 10h a 14h  - de 17h a  22h
  • Mércores 23:  de 10h a 14h    - de 17h a  22h
Os prezos, coma sempre, con ventaxas para os socios de Xacarandaina:
Ler máis
 


Vacacións de Semana Santa

Informamos a todos os socios e amigos que Xacarandaina pechará as súas portas dende o luns 14 de abril ó sábado 19 de abril por mor da Semana Santa.

Un saúdo.

   

XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

Aberta a inscrición no XXV Concurso de Música

O vindeiro 11 de maio terá lugar a celebración do XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, que coma nas últimas edicións realizarase no Centro Sociocultural Ágora. O fin da inscrición será o día 26 de abril.

Podedes inscribirvos a través da nosa páxina web (inscrición vía web), enviando a vosa solicitude por correo electrónico ou por correo ordinario ó nóso enderezo: Rúa Historiador Vedía nº3 15004 A Coruña.

Adxuntamos o cartel desta edición:

Ler máis
 

Curso de Percusión Tradicional impartido por Eliseo Parra en Xacarandaina

Curso de Percusión con Eliseo Parra

A A.C. Xacarandaina ten o pracer de propoñer un novo curso aberto, desta volta de Percusión Tradicional, impartido polo recoñecido músico Eliseo Parra

Nado en Sardón de duero (Valladolid) ten unha dilatada experiencia en varios estilos musicais, desde batería ata cantante de salsa e destacando no seu labor de divulgador e renovador de todas as músicas da Península. Os seus concertos e colaboracións con numerosos artistas, como a banda de percusión ibérica Coetus, acaban por achegar a rica cultura tradicional ó grande público, cultura extraida da terra grazas o seu traballo de campo a prol de recuperar as tradicións da percusión e cantos.

Deste xeito Xacarandaina trae ó nóso local da cidade da Coruña a este artista, coincidindo músico e Asociación no seu respecto, recolleita, conserva, espallamento é innovación no tratamento da tradición demostrado ó longo de todo este tempo.

Este interesante Curso de Percusión Tradicional celebrarase os días 24 e 25 de maio no local da Asociación Cultural Xacarandaina na Coruña, sito na rúa Historiador Vedía nº 3 Baixo, na zona de Juan Florez, moi preto do Pazo da Ópera da Coruña.


Ler máis
   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos