Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Cantada de Nadal e Fin de Ano en Xacarandaina!

Cantadas de Nadal e Ano Novo

Como cada época de Nadal volven as Cantadas a encher de folclore as rúas do centro da Coruña. Será coma sempre, no entorno da Rúa Florida, nas seguintes datas:

  • Cantada de Nadal: Sábado 20 de decembro
  • Cantada de Fin de Ano: Sábado 27 de decembro
Non hai requerimentos especiais, só traede ganas de pasalo ben!

 

Os Reis Magos chegan a Xacarandaina!

Visita dos Reis Magos

Os Reis Magos de Oriente visitan Xacarandaina o mércores 17 de decembro ás 18:00 horas. Se o túa nena ou neno quere entregarlle a carta ao seu Rei e contarlle aqueles agasallos que lle gustaría conseguir, anótao na secretaría da Asociación e visítanos o 17 de decembro para que se acheguen ao seu Rei Mago favorito.

 Ven e divírtete con Xacarandaina!


 

Exposición

XacaCulturais: El Ártico se rompe

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha visita guiada o día 20 de decembro ás 17:00 h. á exposición “El ártico se rompe”. 

“El ártico se rompe” é unha exposición itinerante que estará ubicada na carpa do Xardíns de Méndez Núñez na época do Nadal e que ten por obxecto mostrarnos a singularidade do ecosistema Ártico e evidenciar o importante papel das súas características físicas e a súa biodiversidade no clima global.

 A exposición ten como punto de partida as impactantes fotografías de Andoni Canela, o prestixioso fotógrafo de natureza que viaxou por todo o territorio ártico e nos trae imaxes de total actualidade.

 A actividade vai dirixida aos nen@s a partir de 4 anos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 19 de decembro. Durante a actividade estarán acompañad@s dun monitor/a en todo momento.

 Actividade gratuíta! 

Aprende e divírtete con Xaca!


   

Vento Mareiro

Xacarandaina volve facer camiño

Tras o éxito da primeira etapa, a Asociación Cultural Xacarandaina convoca a 2ª etapa do Camiño de AIRE MAREIRO que se realizará o 30 de novembro percorrendo 25 km. de Caión a Malpica.

Este ano chegaremos a Fisterra camiñando pola costa galega. Esta é a segunda das etapas do noso comezo, despois de realizar a andaina de Coruña-Caión, continuaremos agora con Caión-Malpica, co fin de realizar máis adiante a coñecida Ruta dos Faros. Nesta segunda etapa chegaremos a Malpica recorrendo 25 km. Será unha etapa bastante sinxela, na que recorreremos a costa e cruzaremos as Dunas de Baldaio.

Ler máis
 


Festival Solidario e Ludoteca

  • Xa estamos a preparar o FESTIVAL SOLIDARIO DE NADAL 2014, este ano protagonizado polos máis pequenos, non dubidedes en colaborar nesta boa causa o día 27 de Decembro no centro Ágora. 
  • Outro ano máis ofertamos una alternativa nas vacacións de Nadal para pasar horas de xogo, música, artes plásticas e diversión en xeral cos amigos de Xacarandaina, a ludoteca de Nadal. Hai a posibilidade de participar os 10 días das vacacións ou días soltos, animádevos!!
Podedes ver máis información no folleto do mes de novembro!

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos