Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Asemblea Extraordinaria

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Convocatoria de Asamblea Extraordinaria

A Xunta Directiva da Asociación Cultural Xacarandaina, en reunión celebrada o día 14 de xaneiro de 2015 e de acordo co establecido nos estatutos da entidade, acorda convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria o venres 30 de Xaneiro...

Ler máis
 

Sendeirismo en Xacarandaina

Terceira Etapa de Aire Mareiro

Tras o éxito das primeiras etapas, a Asociación Cultural Xacarandaina convoca a 3ª etapa do Camiño de AIRE MAREIRO que se realizará o 25 de xaneiro percorrendo 20 km. de Malpica ata Punta Nariga.

Este ano chegaremos a Fisterra camiñando pola costa galega. Esta é a terceira das etapas que, despois de realizar a andaina de Coruña-Caión e Caión-Malpica, retomaremos o camiño en Malpica polo paseo xunto a praia ata a ermida de San Adrián. A ruta seguirá por sendeiros pequenos, con regatos, pasando por pequenas aldeas e praias, e chegaremos a Punta Nariga, recorrendo 20 km.

Ler máis
 


2º Festival Solidario de Nadal

Recordamos a todos que a Asociación Cultural Xacarandaina organiza o II Festival Solidario de Nadal a favor do Banco de Alimentos da Coruña este sábado 27 de Nadal. Será as 18:00 horas no Centro Ágora da Coruña.

No acto actuarán grupos de todas as idades de gaita, baile e pandeireta da Asociación. Ademáis contaremos coa colaboración desinteresada dos grupos A .C. e D. A Meda  (O Castro, Sada) e a A. X. Xiradela (Arteixo), así como a actuación especial do GMBT Xacarandaina dirixido por Henrique Peón. O finalizar todos os grupos uniranse para interpretar a panxoliña "Muxicas do ceo".

A entrada no evento será un quilo de alimento, que se pode entregar a partir das 17:30h nas portas do auditorio do Centro Sociocultural Ágora.

Esperemos que se repita o gran éxito do ano pasado!

Ligazón ás Fotos do 2º Festival Solidario de Nadal

Ler máis
   

Postal de Nadal de Xacarandaina

Feliz Nadal a todos!!!

Dende a A. C. Xacarandaina desexámosvos... 

...un Bo Nadal a tod@s 

e unha boa entrada no Ano Novo!

Ler máis
 

Concurso de Postais de Xacarandaina

Concurso de Postais de Nadal 2014

Xa está aquí o Concurso de Postais de Nadal. Lembrade que pode participar toooodos os soci@s. 

Os deseños dos pequenos artistas participarán en dúas categorias:

  • de 3 a 5 anos
  • e de 6 anos en adiante
Os premios serán entregados no Festival Solidario de Nadal!!! 

Ler máis
   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos