Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Xacaculturais

Xacaculturais: Victor Said Armesto

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar un taller sobre Víctor Said Armesto o día 7 de marzo de 12:00 h. a 13:30 h. na Fundación Barrié.


A Fundación Barrié promove un Programa didáctico sobre “Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre”. Víctor Said Armesto foi unha persoa moi curiosa que dedicou a súa vida a observar e documentar a contorna da Galicia de principios do século XX, ademais de crear obras moi destacadas en distintos campos artísticos. Neste percorrido polo museo seguiremos o seu exemplo e converterémonos en exploradores: armados co noso caderno de recolleita de datos, iremos documentando os nosos descubrimentos na sala de exposicións. Cantaremos cancións tradicionais, falaremos da cultura de Galicia, e reflexionaremos sobre como era o día a día da xente que, como o noso amigo Víctor, viviu fai xa moitos anos.

 No espazo do taller compartiremos unha coñecida lenda tradicional moi querida para o protagonista da mostra, e inspirarémonos nela para crear unha versión en tira cómica. A literatura oral achégase así aos nenos e nenas da man dun formato atractivo e moderno que facilitará a súa capacidade de síntese, estimulará a súa creatividade e fomentará o seu interese pola arte en todas as súas facetas. Ler máis

 

Vento Mareiro en Xacarandaina

4ª etapa de AIRE MAREIRO

Tras o éxito das primeiras etapas, a Asociación Cultural Xacarandaina convoca a 4ª etapa do Camiño de AIRE MAREIRO que se realizará o 8 de marzo percorrendo 20 km. de Punta Nariga a Corme.

Este ano chegaremos a Fisterra camiñando pola costa galega. Esta é a cuarta das etapas que, despois de realizar a andaina de Coruña-Caión, Caión-Malpica, Malpica-Punta Nariga retomaremos o camiño en Punta Nariga. A ruta seguirá por sendeiros pequenos, pasando por pequenas aldeas e chegaremos a Corme, recorrendo 20 km. Durante o percorrido non contamos con ningún bar polo que é moi importante levar a comida.

 A inscrición debe realizarse a partir do 16 de febreiro e o remate da mesma, así como o derradeiro día de pago será o 6 de marzo. No caso de ausencia o día da ruta non se devolverá o importe.

Os asistentes a todas as rutas desta tempada, terán o autobús gratuíto na derradeira andaina.

Ler máis
 

Entroido en Xacarandaina

Entroido en Xaca

O 15 de febreiro celebramos a festa de entroido en Xacarandaina de 17 a 20:00. Non o podes perder!!!!


   


Curso de Percusión este domingo 25

Presentámosvos un novo curso de percusión. Desta volta o impartirá Aleix Tobías.

Será o domingo de 10 a 14 horas.

Os prezons son 45€ para socios e 50€ non socios.

O plazo para apuntarse remata o sábado 24 de xaneiro.

APÚNTATE!!


 


Xaneiro en Xacarandaina

Este mes queremos recordarvos unhas cantas cousiñas interesantes:


E tamén aproveitamos para darvos unhas fechas dos próximos eventos de Xacarandaina (todas pendentes de confirmación)

15/02/2015: Festa de Antroido

26/04/2015: Concurso Interno / Exhibición dos Grupos da Asociación (provisional)

Do 20 ao 25/04/2015: Exposición Artes Plásticas

24/05/2015: Concurso de Música

13 e 14/06/2015: Romaría do Lecer e día da Muiñeira

21/06/2015: Concurso de Baile


   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos