Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Reunión: novo espectáculo de Xacarandaina

En Xacarandaina estamos a montar un espectáculo que levará por título "O poder do Arcabuz" que se estreará no Pazo da Ópera de A Coruña no mes de novembro.

Queremos convocarvos a unha reunión o sábado día 7 de marzo ás 20.30h no local de Xacarandaina. Queremos convidarte a formar parte deste espectáculo cantando nun coro tradicional que imos crear e que dirixirá Arantxa Concheiro.

Este coro acompañará á Banda Municipal de Música de A Coruña que será a encargada da parte musical de "O poder do Arcabuz".

Na reunión do sábado explicarásevos todo máis polo miúdo para ver se habería a posibilidade de contar con vós para este fermoso e ambicioso proxecto.

Agardámosvos o sábado!

Axenda

 

Gala do Patrimonio Inmaterial Xacarandaina

Gala do Patrimonio Inmaterial

Xa está moi pertiño a presentación da "Gala do Patrimonio Inmaterial". Será o sábado 28 de marzo ás 21.30h no Teatro Colón de A Coruña.

Este espectáculo está pensado para promocionar e dar visibilidade á petición que se vai facer ante o Ministerio de Cultura da declaración de BIC (Ben de Interese Cultural), para despois presentar a candidatura 'Baile e música de Galicia' a Patrimonio Inmaterial da Humanidade ante a UNESCO.

 Nesta Gala mesturaremos os bailes, músicas e vestiarios do GMBT Xacarandaina con actuacións de xente do pobo que viviron o noso folclore e souberon gardalo, sendo os verdadeiros transmisores e baluartes da riqueza e autenticidade das nosas artes inmateriais.

 As entradas xa están á venda e custan 10€, na semana do evento 12€. Podédelas mercar:


  • Na billeteira do Teatro Colón, na billeteira da Praza de Ourense ou no Centro Sociocultural A Fundación
  • No teléfono 902 504 500
  • Por internet cunha comisión de 1,60€ nesta ligazón: ataquilla

 

Xacaculturais: O primeiro Picasso

Xacaculturais: O primeiro Picasso

A comisión de Xaca Culturais acaba de programar unha visita guiada sobre a exposición ‘O Primeiro Picasso. A Coruña 2015’ o día 13 de marzo ás 18:45 h. no museo de Belas Artes da Coruña.

 A actividade vai dirixida a tod@s os soci@s adultos. É imprescindible anotarse na Secretaría da Asociación antes do 12 de marzo, xa que as prazas son limitadas.

 Actividade gratuíta!!

 Aprende e divírtete con Xaca!


   


Sorteo dunha fantástica pandeireta!

Participa no sorteo desta fantástica pandeireta! Cada rifa vale 1€ e o gañador será o número que coincida coas dúas últimas cifras do sorteo da Lotería Nacional do 28 de febreiro de 2015. 

Podedes mercar as vosas participacións na Secretaría da Asociación 

Sorte a tod@s!

 

Xacaculturais

Xacaculturais: Victor Said Armesto

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os nen@s soci@s da Asociación que a comisión de XacaCulturais acaba de programar un taller sobre Víctor Said Armesto o día 7 de marzo de 12:00 h. a 13:30 h. na Fundación Barrié.


A Fundación Barrié promove un Programa didáctico sobre “Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre”. Víctor Said Armesto foi unha persoa moi curiosa que dedicou a súa vida a observar e documentar a contorna da Galicia de principios do século XX, ademais de crear obras moi destacadas en distintos campos artísticos. Neste percorrido polo museo seguiremos o seu exemplo e converterémonos en exploradores: armados co noso caderno de recolleita de datos, iremos documentando os nosos descubrimentos na sala de exposicións. Cantaremos cancións tradicionais, falaremos da cultura de Galicia, e reflexionaremos sobre como era o día a día da xente que, como o noso amigo Víctor, viviu fai xa moitos anos.

 No espazo do taller compartiremos unha coñecida lenda tradicional moi querida para o protagonista da mostra, e inspirarémonos nela para crear unha versión en tira cómica. A literatura oral achégase así aos nenos e nenas da man dun formato atractivo e moderno que facilitará a súa capacidade de síntese, estimulará a súa creatividade e fomentará o seu interese pola arte en todas as súas facetas. Ler máis

   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos