Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Danza 3 Xacarandaina baila

Xacarandaina o 23 de maio en Ourense!

Dentro do programa DANZA 3 promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) Xacarandaina leva o sábado 23 de maio ás 21:30h ó Auditorio Municipal de Ourense a "Gala do Patrimonio Inmaterial".

Este espectáculo está pensado para promover e dar visibilidade á petición que se vai facer perante o Ministerio de Cultura da declaración do BIC (Bien de Interés Cultural), para despois presentar a candidatura de “Baile e música de Galicia” a Patrimonio Inmaterial da Humanidade perante a Unesco.

Os billetes teñen un prezo de 3€ e poderanse mercar o mesmo día do evento no despacho de billetes desde 2 horas antes do comezo do mesmo.

Vémonos en Ourense!

 


Programa provisional Concurso de Música

Acabamos de publicar na nósa web o programa provisional do XXVI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, que se desenvolverá en quenda de mañá e tarde no Centro Cultural Ágora de A Coruña o 24 de maio de 2015.

Podedes consultar este programa provisional na nósa sección de concursos.

 

 


Letras Galegas participativas en Xacarandaina

Queres participar na acción de Xacarandaina para celebrar o día das nosas letras? 

Entre todas e todos, sen límite de idade, realizaremos un vídeo sobre este día tan especial para nós…. 17 de maio! Día das Letras Galegas. 

Anótate no local social ou envía un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Tes ata o 8 de maio!

   


Día da Danza

Achegádevos o 29/04/15 ás rúas para compartir con nós do Día da Danza!

A A.C. Xacarandaina celebrará este día cun pasarruas dende varios puntos da cidade, onde poderás unirte ós bailadores: dende o Campo de Marte, dende  Historiador Vedía e dende a Plaza de Ourense. Chegaremos todos xuntos a María Pita onde montaremos unha boa! 

Se a previsión é de choiva reunirémonos todos no Centro Sociocultural Ágora!

Ligazóns: La Voz de Galicia | La Opinión | Concellería de Cultura do Concello de A Coruña

 

Exposición de Artes Plásticas

Exposición de Artes Plásticas

Un ano máis chega a exposición de Artes Plásticas dos alumnos de Xacarandaiana. Podedes visitar a exposición no Fórum Metropolitano

 Esperamos vervos alí!

   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos