Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Concurso de Postais de Nadal - Xacarandaina

Concurso de Postais de Nadal

Queres participar no concurso e que a túa postal sexa a gañadora neste Nadal? Só tes que usar a túa imaxinación e habilidade.

- Poderá participar calquera soci@.

 - Haberá dúas categorías:

 1ª Categoría: de 3 a 5 anos.

2ª Categoría: de 6 anos en adiante.

- O tamaño será de medio folio.

 - Cada participante poderá presentar unicamente un traballo.

 - Valorase a temática tradicional.

Ler máis
 

Festival Solidario de Nadal - Xacarandaina

4º Festival Solidario de Nadal

O 26 de decembro temos unha cita no Ágora no 4º Festival Solidario Xacarandaina a partires das 18:30.

Actuarán as nenas e os nenos de Xacarandaina máis o grupo Queiroa de Sada!

A entrada, unha doazón a favor da Cruz Vermella A Coruña.

Agardámosvos!



 

Xacaculturais

Galicia 100 Obxectos para contar unha cultura

Temos nova actividade de XacaCulturais! O sábado 26 de novembro ímonos á sede de Afundación para a exposición «Galicia 100 Obxectos para contar unha cultura».

Inscrición ata o mércores 23! A apuntarse!


   

O poder do Arcabuz en Santiago de Compostela

"O Poder do Arcabuz" en Santiago

Lembrade! :)

Quique Peón Cía e Xacarandaina presentan este domingo ás 20.30 h no Auditorio de Galicia 'O Poder do Arcabuz'


Ligazón: máis info | Programación Auditorio de Galicia




 

Festa do magosto en Xacarandaina

Magosto en Xacarandaina

Este sábado 12 de novembro celebraremos un magosto en compañía de todos vos!

Comezaremos sobre as 17.30 e gozaremos de moitas actividades e una boa merenda.

Lembrade apuntarvos na secretaría da Asociación!


   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos