Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



O Poder do Arcabuz en Pontevedra

Xacarandaina e Quique Peón Cía presentan o sábado 29 de abril en Pontevedra o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, o musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro. 

A obra poderá verse o 29 de abril (20.00h) no Pazo da Cultura de Pontevedra ao prezo de 16/14 euros. O espectáculo “é unha proposta tradicional e vangardista ao mesmo tempo”, explica Peón, “trátase dun espectáculo ambicioso, un proxecto apaixoante e arriscadísimo, con cen artistas en escena, froito dun empeño moi especial en poñer en valor as nosas músicas e as nosas danzas”.

Entradas


 

Exposición de pintura en Xacarandaina

Exposición de Pintura

Os alumnos de pintura de Xacarandaina teñen preparada unha nova exposición!

Do 3 ao 8 de abril, no Fórum Metropolitano.

Agardámosvos!


 


Receitas de entroido!

Ola! No noso Facebook estamos a esperar as vosas receitas de sobremesas galegas de entroido! Podedes ver esta axudiña!

E se tedes fotos tamén as podedes mandar e entre todos prepararemos un bo álbume. Aquí temos un exemplo!





   

Festa de Entroido en Xacarandaina!

Festa de entroido!

Aproveitamos esta nota para informar ás socias e socios de que este ano as vacacións do Entroido serán os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo inclusive. Informamos tamén de que o mércores 8 de marzo tampouco haberá clase debido a que é Festivo local na Coruña.

 Como xa ben sendo habitual todos os anos, o domingo de ENTROIDO realizaremos a NOSA FESTA! O domingo 26 de febreiro ven a Xacarandaina a festexar o Entroido!! 

A festa dará comezo ás 17:00 h e haberá diversión ata as 20:00 h. Nela contaremos con merenda, xogos, baile, desfile de disfraces e unha sorpresiña para cada un/unha dos participantes.

 Imprecindible inscrición antes do xoves 23 de febreiro na secretaría da asociación! 

  • Soci@s: De balde.
  • Non soci@s: 3 €.

 Aprende e divírtete con Xaca!!

 

 


Casa Museo de María Pita

Desde a A.C. Xacarandaina queremos informar a tod@s os nen@s soci@s da Asociación de que a comisión de XacaCulturais acaba de programar unha visita á Casa Museo de María Pita o día:

 · 21 de xaneiro de 11:30 a 13:00 h. Realizaremos unha visita guiada + obradoiro. Ler máis

   

Axenda

Abril 2024
L M Me X V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos