Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas



Xacarandaina en Carballo

Este sábado 8  a partir das 21h, en Carballo, Xacarandaina actuará dentro do programa #Danza3 da Agadic.


 


Remataron as clases en Xacarandaina

Decimos adeus a este curso mentres xa estamos a preparar o seguinte. Hoxe rematan as clases na asociación e queremos agradecervos a todos o voso apoio a través das redes sociais.

Ademais, pedímosvos un forte aprauso dixital para todos os que facedes posible que as actividades sigan adiante día a día: alumnos, mestres, comisións, voluntarios...

Remata o curso pero seguimos traballando pola nosa cultura!

 


Ascensor en Historiador Vedía

Como saberedes Xacarandaina está sita no final da rúa de Historiador Vedía e para acceder a nósa asociación témolo que facer por medio dunhas escaleiras que salvan o desnivel existente ata a Plaza de San Pablo. A que estaría xenial contar cun ascensor con parada en Xacarandaina?

O Concello de A Coruña pon a disposición de todos os coruñeses a ferramenta de decisión participativa A Porta Aberta e nela existe a petición para conseguir o noso anhelado ascensor. 

Animamos a todos os socios a que voten a proposta e participen no desarrollo da cidade dun xeito participativo!

A Porta Aberta: Instalación dun Ascensor na Rúa Historiador Vedía con parada en Xacarandaina



   

Danza3

Danza3 en Carral

O sábado 10 de Xuño Xacarandaina volve ó ciclo Danza3! A actuación será na vila de Carral, na contorna do Campo da Feira, entre as 12h e 13.30h.

Esperámosvos!

Próximas Actuacións de Danza3:

- Martes 15 de agosto en Ribadeo. Teatro de Ribadeo ás 21h.

- Sábado 26 de agosto en Ortigueira. Praza de Isabel II de 20h ás 21:30h.



 


Chega a Foliada Romería!

Velaí ven a Romaría do lecer 2017!

17 e 18 de xuño no parque de Santa Margarida!



   

Axenda

Marzal 2024
L M Me X V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

Xacarandaina
Convenio de colaboración do Concello da Coruña e a Asociación Cultural Xacarandaina para financiar o aluguer da aula de ensaio.


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

 

                                                         

 Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos