Xacarandaina

"Xacarandaina non é un ballet folclórico, non é unha coral, non é unha banda de gaitas, non é un grupo folk; Xacarandaina pretende ser algo máis. Investiga o folclore e interprétao como o atopa no seu lugar de orixe, buscando a maior pureza e o parecido co real, pretendendo con isto ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo pobo e para o pobo"
XXXII Concurso de Música Tradicional
Xacobeo
Xacarandaina Celebra 40 anos!
Estás en: Inicio

Novas


Novo Curso 2021-2020

NOVO CURSO 21/22

Xa temos todo preparado para poder vernos de novo nas aulas o vindeiro mes de outubro, respectando todas as medidas de seguridade establecidas.

Neste curso a maioría das clases de baile serán impartidas nun novo local que Adagio Cantabile ten na zona de Os Rosais (R/Alcalde Suárez Ferrín nº9).

O resto das clases serán impartidas no noso Local Social.

HORARIO DE INSCRICIÓN:

Ler máis
 


Vacacions Semana Santa 2021

A Asociación permanecerá pechada do 29 de marzo  ao 4 de abril. 

Gozade das vacacións con moito sentidiño!



 


Retomamos as actividades!

Desde a A.C.Xacarandaina, e debido á mellora das condicións epidemiolóxicas, decidimos retomar as nosas actividades a partir do luns 1 de marzo.

 Lamentándoo moito,  e debido ás restricións vixentes, non se poderán impartir polo de agora as clases de gaita, acordeón e coro. As clases de pandeireta impartiranse sen canto, poñendo a vosa disposición máis instrumentos para  utilizar na clase. 

Aproveitamos unha vez máis para agradecervos a vosa colaboración e comprensión nestes momentos tan difíciles para tod@s.

 

As clases que non retoman a actividade son:

  • Gaita Inic.II – Luns 18:30h
  • Gaita Inic. II – Luns 20:00h.
  • Gaita Perfecc. – Mércores 19:30h.
  • Acordeón – Xoves 20:00h.
  • Coro – Venres 19:30h e 20:30h.
   


SORTEO ENTROIDO NA CASA!

Para celebrar o entroido estamos a sortear un lote de produtos de Xacarandaina nas nosas redes sociais (Facebook e Instagram). Consulta as bases aquí

Podes participar desde o día 12/02/2021 ata o 18/02/2021 (ambos os dous incluídos).

Visita as nosas redes sociais e deixa o teu comentario respondendo á pregunta: Cal sería o teu disfrace para este ano?

 


Suspensión temporal actividades

Debido á situación sanitaria actual, desde a A.C. Xacarandaina decidimos,  nun exercicio de responsabilidade social, suspender temporalmente as nosas actividades, desde o  luns 25 de xaneiro ata que as condicións epidemiolóxicas melloren, e poidamos volver coas mesmas garantías. Mentres, quedémonos en casa e coidémonos. Moita saúde para tod@s!




   

Axenda

Xunio 2023
L M Me X V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2

Xacarandaina


Xacarandaina


Contacto:
Rúa Historiador Vedía nº3
A Coruña - 15004
Teléfono da Asociación: 981 277 315
O correo de Xacarandaina

Patrocinio

Páxina subvencionada polo Concello de A Coruña      


Logo Concello A Coruña Logo Deputación de A Coruña


Onde Estamos